Sábado, 8 Febreiro de 2025

«Galicia Ilusiona», Festival Mundial de Ilusionismo, chega este luns a Nigrán da man do ‘Mago Paco’

Ofrecerá unha actuación ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre de A Foz do Miñor

O Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’ chega este luns 15 de agosto a Nigrán da man do Mago Paco ás 20:00 horas no auditorio ao aire libre do esteiro de A Foz. Este é un dos magos favoritos dos máis pequenos porque é especialista en maxia infantil. Combina maxia, música e humor, contando sempre coa participación do público para os seus grandes xogos máxicos. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

O festival traerá ata o 15 de octubre máis de 220 actuacións a toda Galicia.