9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránAberto o prazo de inscrición para campus deportivos de verán en Nigrán

    Aberto o prazo de inscrición para campus deportivos de verán en Nigrán

    Iranse desenvolvendo desde finais de xuño a inicios de setembre e abranguen diferentes disciplinas deportivas: patinaxe, baloncesto, tenis, deportes náuticos, multideporte, tenis de mesa, fútbol e ximnasia rítmica

    O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a inicios de setembro dez campus deportivos orientados a crianzas e adolescentes: patinaxe, baloncesto, tenis, deportes náuticos, multideporte, tenis de mesa, fútbol e ximnasia rítmica.

    O prazo de inscrición aos mesmos está aberto, dispondo os interesados de toda a información na web municipal (datas, mails de contacto e teléfonos, lugar de celebración, prezo, etc).Todos teñen unha duración aproximada de cinco días e un custe entre os 45 € e os 65 €, existindo nalgúns casos descontos para irmáns.

    Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan con deportes náuticos o 28 de xuño, sendo o último o de surf do 30 de agosto ao 3 de setembro. O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

    “Trátase, xunto co campamento municipal, dunha iniciativa para facilitar a conciliación familiar mediante actividades saudables ao aire libre, en definitiva, é promover o deporte desde a infancia e dando cabida a disciplinas para todos os gustos”, indica o alcalde, Juan González.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.