17.5 C
Pontevedra
Venres, 2 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaMaiores e persoas con discapacidade navegan con «Amar o mar»

    Maiores e persoas con discapacidade navegan con «Amar o mar»

    Case que cen participantes achéganse ao mundo do mar nunha iniciativa que promove, por cuarto ano, o Monte Real Club de Iates

    Preto dun centenar de participantes no programa Amar o mar déronse cita onte mércores e esta mesma mañá en Baiona para gozar dunha iniciativa coa que a Consellería de Política Social e o Monte Real Club de Iates tratan de achegar o mar a persoas maiores e con discapacidade.

    Nesta cuarta edición do Amar o mar foron en total 96 participantes, entre usuarios e monitores dos centros, os que puideron gozar dunha xornada lúdica e recreativa. O grupo que participou nestas dúas xornadas de programa estivo conformado por persoas maiores das residencias Nosa Señora dos Milagres de Barbadás, en Ourense, e As Gándaras, en Lugo, e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela (CAPD), que se enmarca tamén no programa anual da Escola de Vela Adaptada do MRCYB. O certo é que algúns dos alumnos do CAPD que participaron nesta iniciativa xa realizaran cursos de vela anteriormente no club baionés.

    A actividade, que nacía en 2016 co obxectivo de axudar aos usuarios de residencias públicas do interior de Galicia a manter o nivel adecuado de benestar social e persoal, volveu a ter unha gran acollida este ano e hoxe contou co apoio e a presenza de José Ignacio Martínez, xefe de Servizo de Dependencia e Autonomía persoal da Xunta; Concepción Vara, concelleira de Servizos Sociais, Mobilidade e Accesibilidade do Concello de Baiona, e Óscar Martínez, tenente de alcalde de Baiona. Os tres estiveron acompañados polo presidente e vicepresidente do club, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza.

    Tras a visita polas instalacións do club baionés, cara ás 12:30 horas os participantes do Amar o mar dirixíronse aos pantaláns para embarcar e saír a navegar pola baía ata as proximidades das illas Cíes, achegándose así ao mundo náutico en contacto directo co mar. O programa incluíu, ademais, unha comida a bordo antes de regresar a terra.

    Con esta iniciativa o Monte Real reafirma o seu compromiso coa loita pola integración social. Desde hai anos o club colabora coa administración en programas como o que se levou hoxe a cabo e conta, ademais, co seu propio programa de cursos da Escola de Vela Adaptada, destinada a ofrecer a posibilidade de gozar da vela a persoas con diversidade funcional de diferentes asociacións de Galicia.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS