12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: monte real club de iates

    O asturiano Bullbox, novo campión de España de Cruceiros

    O equipo asturiano Bullbox alzouse co título de mellor equipo no Campionato de España de Cruceiros - Trofeo Loterías e Apostas do Estado que se disputou esta fin de semana no Monte Real Club de Iates en Baiona.

    O Monte Real Club de Iates de Baiona recibe a bandeira de Galicia Calidade

    O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia,ea xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron en Baiona ao izado da bandeira de Galicia Calidade no Monte Real Club de Iates de Baiona, situado neste municipio do sur de Pontevedra e enclave fundamental do turismo náutico galego.

    Volve o Trofeo Conde de Gondomar

    En apenas dous días dará comezo en Galicia a cuadraxésimo sexta edición dunha das regatas máis lonxevas e carismáticas do panorama náutico español, o Trofeo Conde de Gondomar, que o Monte Real Club de Yates saca a escena neste 2021 baixo o nome de Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell en honra ao tándem de patrocinadores.

    O Monte Real Club de Iates renova, un ano máis, a Bandeira Azul

    O Monte Real Club de Iates vén de renovar, un ano máis, a Bandeira Azul que distingue ao porto do club polo coidado ambiental das infraestruturas, a calidade das augas e a excelencia dos servizos náuticos.

    O Trofeo Repsol coroa aos novos reis da Primavera en Baiona

    A 43ª edición da Regata de Primavera do Monte Real Club de Yates baixou o pano este domingo en Baiona coa coroación dos seus novos campións e a entrega de premios ás tripulacións que resultaron vencedoras das dúas regatas disputadas esta fin de semana nas Rías Baixas.

    O Monte Real celebra as súas 43 primaveras co Trofeo Repsol

    A Regata de Primavera do Monte Real Club de Iates de Baiona cumpre este ano o seu cuadraxésimo terceira edición coa celebración, a próxima fin de semana, de dúas regatas costeiras na ría de Vigo. A histórica cita do club baionés, unha das máis importantes da vela pesada en Galicia e unha das máis lonxevas do panorama náutico español, volve a escena patrocinada un ano máis por Repsol, ratificando así o apoio que, desde hai anos, a empresa enerxética presta ao deporte da vela.

    O Trofeo Comunica xa ten vencedores

    Un total de 41 veleiros de España e Portugal disputáronse este sábado na ría de Vigo o Trofeo Comunica, a primeira das seis regatas de vela pesada que o Monte Real Club de Yates ten programadas para este 2021.

    A Regata Cenor revela o equipo que representará a Galicia no campionato nacional de Optimist

    A Regata Cenor organizada esta fin de semana polo Monte Real Club de Yates revelou a composición do equipo que representará a Galicia no Campionato de España de Optimist 2021. Os 20 deportistas galegos que acudirán ao nacional son os mellor clasificados da clasificación autonómica que se pechou este domingo tras a celebración da última clasificatoria en Baiona.

    Cinco mulleres que superaron o cancro dan a volta a España a vela no ‘Reto Pelayo Vida’

    Esta tarde recalaba no Monte Real Club de Iates de Baiona o 'Reto Pelayo Vida-Volta a España 2020', unha iniciativa protagonizada por cinco mulleres que superaron o cancro –Marián, de Elxe; Lorena, de Cartaxena; Fáxima, de Xerez; María, de Barakaldo e Nuria, de Teruel– e que tenta visibilizar esta enfermidade na muller e a importancia que ten a práctica deportiva como parte da terapia para a súa recuperación.

    Conclúe unha emocionante 45º edición do Conde de Gondomar

    Este domingo concluíu en Galicia unha nova e emocionante edición do Conde de Gondomar – Trofeo Banco Sabadell, disputado durante o últimos tres días en augas das Rías Baixas, escenario das 5 probas postas en liza.

    O Monte Real Club de Iates anuncia o aprazamento do ‘Trofeo Repsol-Regata de Primavera’

    O Monte Real Club de Iates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio. O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

    Canarias e Galicia manteñen a loita pola Liga Española de Vela

    A 'Liga Española de Vela–Trofeo Loterías y Apuestas del Estado' enfilou este sábado a súa recta final en Baiona tras a celebración da segunda xornada de probas, nas que a tripulación do Real Club Náutico de Arrecife, que viña líder da primeira rolda, logrou manterse na cabeza.

    Gran estrea en Galicia da «Liga Española de Vela»

    Gran estrea en Galicia da liga Española de vela 'Trofeo Loterías e Apostas do Estado', que o Monte Real Club de Iates organiza estes días en Baiona por delegación da Real Federación Española de Vela. As Rías Baixas recibiron este venres á frota de 10 participantes dos diferentes clubs españois que aspiran a converterse no representante nacional na liga Europea de Vela, un privilexio que se lle concederá ao gañador desta competición.

    O «Maija» vencedor da Liga de Outono de J80

    O Maija de José Luis Pérez, Roberto Simón, Miguel Larrán e Javier Pérez alzouse vencedor na tarde de onte, en Baiona, da última edición da liga de Outono AXA J80, celebrada desde o pasado mes de outubro na baía baionesa. A regularidade de resultados que o monotipo do Monte Real logrou nas doce regatas disputadas ao longo de catro xornadas permitíronlle manterse sempre nos postos de cabeza e levar o triunfo final.

    Maiores e persoas con discapacidade navegan con «Amar o mar»

    Preto dun centenar de participantes no programa Amar o mar déronse cita onte mércores e esta mesma mañá en Baiona para gozar dunha iniciativa coa que a Consellería de Política Social e o Monte Real Club de Iates tratan de achegar o mar a persoas maiores e con discapacidade.

    Tres barcos do Monte Real, na cabeza do «Conde de Gondomar»

    As clases PSA RETAIL ORC 4-5, RÍAS BAIXAS J80 e MARTIN MILLER FÍGARO foron as encargadas de inaugurar este xoves, día grande de Galicia, a clasificación do 44º Conde de Gondoma –Trofeo Banco Sabadell, que se celebra estes días en Galicia baixo a organización do Monte Real Club de...

    O «Fleur de Passion» amarra no Monte Real

    O Monte Real Club de Iates acolle estes días nos seus pantaláns ao Fleur de Passión, o veleiro suízo de 33 metros de eslora que durante o últimos catro anos e medio navegou ao redor do planeta replicando a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. O club baionés foi elixido...

    A liga de Inverno de J80 decidirase na última xornada

    Un vento sen ganas de estabilizarse e desaparecido por momentos obrigou a suspender, na tarde do sábado en Baiona, a penúltima xornada da liga de Inverno de J80 organizada polo Monte Real Club de Iates. Dificultades para definir o campo de regatas, unha chamada xeral, cambios de percorrido, unha proba...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.