Tag: integración
COGAMI visibiliza as problemáticas que teñen dende idades temperás as persoas con discapacidade para acceder ao lecer e o deporte
Dende o eido sanitario recomendan a práctica de actividades físicas e deportivas. Dedicarlle tempo ao lecer, ao entretemento e a socializar ocasionan un benestar físico e mental na persoa, contribuíndo no seu desenvolvemento e mellorando a súa calidade de vida. A propia Constitución, no artigo 49, e maila Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recollen que o lecer e tempo libre é un dereito das persoas con discapacidade.
Nigrán e Cespa-Ferrovial ofrecen unha clase práctica de limpeza vial e mantemento de zonas verdes para o alumnado do CEE Juan María
O Concello de Nigrán, a través da súa concesionaria de recollida de basura e limpeza viaria, Cespa-Ferrovial, ofreceu onte a derradeira clase que pon fin ao curso de ‘Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas’ que estiveron levando a cabo desde inicios de ano 7 mozos e mozas do CEE Juan María. O Concello facilitara previamente os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais pertinentes.
A Deputación convoca unha nova edición dos cursos de español para persoas inmigrantes
A Deputación de Pontevedra acaba de convocar unha nova edición, a cuarta, dos cursos de español para inmigrantes, unha actividade formativa que está dirixida a que as persoas participantes poidan superar o exame DELE A2 expedido polo Instituto Cervantes, unha proba que é requisito indispensable para que poidan solicitar logo a nacionalidade española.
Mos reafirma o seu compromiso con Asodifisi
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos, 'Asodifisi', Asunción Monroy Carrera, asinaron na tarde de onte xoves, nas instalacións da Asociación na parroquia de Torroso, o convenio anual de colaboración entre ambas entidades.
O IES Pazo da Mercé das Neves acolle a mostra integradora da Deputación «Sorrisos Transformadores»
A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) levan este xoves ás Neves a exposición 'Sorrisos Transformadores', o proxecto fotográfico para a visibilización do colectivo LGTBI. A exhibición, que pode visitarse no IES Pazo da Mercé, inaugurarase cunha visita guiada e unha charla de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS.
Maiores e persoas con discapacidade navegan con «Amar o mar»
Preto dun centenar de participantes no programa Amar o mar déronse cita onte mércores e esta mesma mañá en Baiona para gozar dunha iniciativa coa que a Consellería de Política Social e o Monte Real Club de Iates tratan de achegar o mar a persoas maiores e con discapacidade.
O obradoiro ‘Percorre Tui’ realizou visitas para os participantes no campamento de ‘Un Máis’
Alumnado da especialidade de 'Promoción turística local e información ao visitante' do obradoiro de emprego 'Percorre Tui' realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación...
Alumnado do San Xerome da Guarda visita o centro comunitario de compostaxe de Goián
As mestras e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda, visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián. Os técnicos do Concello de Tomiño puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes con Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso...