12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona crea a Comisión de seguimento da COVID no Ensino ante a...

    Baiona crea a Comisión de seguimento da COVID no Ensino ante a preocupación da comunidade escolar polo inicio do novo curso

    A comisión manterá un contacto continuo coas direccións dos centros escolares e ANPAS “para garantir, sobre todo e en todo momento, a saúde e seguridade sanitaria dos nosos nenos e nenas”

    Ante a preocupación amosada pola comunidade escolar de Baiona ante as dubidas que, dende o punto de vista da seguridade sanitaria, presenta o inicio do novo curso escolar, o ‘Consello vén de constituír a Comisión de seguimento da COVID no Ensino’ co obxectivo de analizar as distintas situacións que se vaian presentando e adoptar, en colaboración coas ANPAS e centros escolares, “as medidas que sexan precisas para garantir a saúde dos nosos nenos e nenas”.

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que presidirá a antedita comisión, asegurou que “coa triste experiencia acumulada na primeira onda da pandemia, as administracións temos que adiantarnos aos feitos e tomar todas as iniciativas que garantan a saúde e seguridade da veciñanza”.

    Os nosos nenos e nenas –afirmou o alcalde de Baiona– “son o noso ben máis prezado porque representan o futuro do noso municipio e, por ese motivo, temos que adoptar todas aquelas iniciativas que contribúan a salvagardar a súa seguridade”.

    Nese sentido, a comisión vixiará a evolución da COVID19 e as medidas que, dentro das competencias do Concello, se poidan adoptar para facer fronte a cada un dos posibles escenarios que se presenten.

    “Temos unha experiencia previa e, do acontecido, temos que aprender para poder poñer en marcha medidas máis áxiles e máis eficaces”, conclúe o rexedor local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.