10 C
Pontevedra
Venres, 1 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona abre o luns as inscricións na terceira ruta “Safari Etológico de...

    Baiona abre o luns as inscricións na terceira ruta “Safari Etológico de Garranos”

    A Concellería de Turismo do Concello de Baiona informa de que o luns 23 de maio, ás 00:00 horas, abrirase o prazo de inscrición do terceiro roteiro guiado. Trátase dunha ruta gratuíta para observar e coñecer o comportamento dos garranos, cabalos salvaxes da serra da Groba, na súa contorna natural.

    Ante o gran éxito de participación e a demanda de prazas, as inscricións canalizaranse unicamente a través de correo electrónico por orde de entrada cun máximo de 4 persoas por solicitude.

    Inscrición previa obrigatoria exclusivamente por correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal. Prazas limitadas: 20 persoas (a partir de 6 anos).

    O terceiro roteiro “Safari Etológico de Garranos” será o domingo, 5 de xuño, e o horario de saída será as 09:00 h. O punto de encontro é o exterior da Oficina de Turismo de Baiona de onde sairá o autobús que leve ás persoas participantes ata o Monte da Groba para gozar dunha experiencia única.

    LIBROS

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

    A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama.