14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela presenta o seu estudo de recuperación e conservación da microtoponimia do...

    Redondela presenta o seu estudo de recuperación e conservación da microtoponimia do Concello

    O Concello de Redondela presentou esta semana na Casa do Concello, un ambicioso proxecto de recuperación, conservación, estudo e difusión da microtoponimia do municipio, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas.

    O proxecto trata de minguar a perda da riqueza do patrimonio inmaterial “que corre serio risco de desaparición coa morte de cada persoa maior”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas quen lembrou que a toponimia “é un dos elementos do patrimonio inmaterial valorados pola UNESCO como de especial protección”.

    Por unha banda, e grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra, o Concello publicará tres libros que recollen a microtoponimia das parroquias de Cabeiro, Negros e Vilar de Infesta. A autor, Cora Represas, é licenciada en Filoloxía Galega e fixo o estudo do significado de cada un dos microtopónimos.

    O traballo de campo, de recollida de cada nome, fixérao hai anos a Cooperativa Tres Pés, de Redondela. Por iso, o concello quixo darlle saída  a este traballo para completalo e sacalo á luz. Os libros repartiranse de maneira gratuíta e tamén se poden descargar de balde na web de toponimia.

    Esta web (toponimia.redondela.gal), que tamén contou co apoio da Deputación, recolle xa 350 topónimos das citadas parroquias. A novidade, con respecto a a outras webs de toponimia, é que cada microtopónimo trae unha explicación. O concello quere facilitar a xente o coñecemento da toponimia, a súa historia e localización. Nesta web, ademais de descargar os libros, tamén hai unha ligazón ao proxecto da Real Academia Galega e Xunta de Galicia, “Galicia Nomeada”, onde o SNL vai cargando cada microtopónimo nun mapa para a súa consult apública.

    Por último, e como resultado do traballo colaborativo entre os equipos de dinamización lingüística dos institutos de Redondela e o SNL, presentouse unha unidade didáctica. Esta proposta, dirixida aos cursos da ESO e Bacharelato, quere facer partícipe á comunidade escolar (alumnado, profesorado e familias) na toma de conciencia da importancia da toponimia, insistindo nesa liña de especial protección do patrimonio inmaterial.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.