14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: toponimia

    A Campaña Toponímizate chega este xoves ao Centro Cultural de Randufe

    Este xoves, 26 de outubro, o Centro Cultural de Randufe acollerá, ás 20 h, unha actividade da campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”.

    O Concello de Redondela recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra para continuar co proxecto de Toponimia

    O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, dependente da Concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de conseguir unha axuda da Deputación de Pontevedra para continuar co proxecto de toponimia que viña desenvolvendo.

    Redondela presenta o seu estudo de recuperación e conservación da microtoponimia do Concello

    O Concello de Redondela presentou esta semana na Casa do Concello, un ambicioso proxecto de recuperación, conservación, estudo e difusión da microtoponimia do municipio, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas.

    Ponteareas pon en marcha un proxecto para recoller toda a toponimia do concello

    O Concello de Ponteareas vén de iniciar o proxecto de recuperación da toponimia no seu territorio. O goberno local botou a andar este ambicioso proxecto, que iniciou na parroquia de Xinzo, e percorrerá todas as parroquias ponteareás co obxectivo de recoller e recuperar os nomes que identifican os lugares e para evitar a perda desta gran riqueza patrimonial.

    Vilasobroso recupera 450 topónimos tradicionais

    A Entidade Local Menor de Vilasobroso, no concello de Mondariz, vén de recuperar e xeolocalizar toda a súa toponimia maior e menor, "un valor identitario da Comunidade Autónoma así como un instrumento para a concreción da denominación xeográfica dos pobos e dos seus bens", segundo a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.