15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela pon en marcha 'Faino por todxs', unha campaña de sensibilización e...

    Redondela pon en marcha ‘Faino por todxs’, unha campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19

    O Concello de Redondela, vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e prevención contra a COVID-19 que, baixo o nome de ‘Faino por todos e por todas’ busca poñer os medios precisos para garantir a seguridade dos veciños e veciñas do municipio nesta pandemia do coronavirus.

    A campaña consta de dúas partes ben definidas, por unha banda unha “moi visual” con carteis situados nas zonas máis transitadas das parroquias e do casco urbano de Redondela, nos que se sinalan as medidas e recomendacións que debe seguir a veciñanza para previr o contaxio. A outra parte da campaña, “de claro compromiso social” explica o Concello de Redondela, correrá a cargo de voluntarios e voluntarias coa formación precisa para explicar á veciñanza as medidas que teñen que adoptar e como evitar os riscos nesta situación de emerxencia sanitaria.

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou o feito de que por parte da Xunta de Galicia e do Sergas, “aínda non se nos aclarou ningunha das dúbidas que tíñamos sobre a liberdade horaria nas parroquias ou sobre a evolución da COVID-19 no noso municipio”. Esa información que solicitamos –engade a alcaldesa de Redondela– “a considerábamos, e a seguimos considerando imprescindible para a seguridade dos nosos veciños e veciñas” e amosa Riva a súa estrañeza ante a “negativa reiterada e sistemática do Sergas de facilitarlle ao Concello de Redondela eses datos, sen que saibamos moi ben a que responde esa negativa”.

    A rexedora local redondelá lembra que outras comunidades, como Asturias ou Cantabria, teñen informados continuamente aos seus municipios da evolución da pandemia nos seus termos municipais “de cara a que poidan adaptar as medidas preventivas e traballar de xeito máis eficaz no camiño desta Fase 1 cousa que, polo visto para a Xunta e o Sergas, non ten relevancia algunha”.

    O Goberno local por prudencia o sábado pasado non tomou a decisión da liberdade horaria nas parroquias pola seguridade dos nosos veciños e veciñas por enriba de calquera outra consideración, dixemos que esperaríamos a Comisión de Seguimento de onte mércores, para tomar as medidas máis adecuadas”.

    A liberdade horaria a hora de pasear e facer deporte está permitida en tódalas parroquias de menos de 5.000 habitantes dentro da demarcación da parroquia (excepto Redondela e Chapela) así o recolle o BOE. Pero o Concello de Redondela aconsella, por todo o anteriormente exposto, que a hora de saír a pasear e facer deporte sígase facendo respectando a franxa horaria no estado de alarma como ata agora.

    Ante a falta de datos concretos por parte da Xunta de Galicia “nunha actitude incomprensible” recalca Digna Rivas, o Concello de Redondela inicia esta campaña ‘Faino por todos e por todas’ na que se insistirá nas dúas únicas medidas que, segundo a alcaldesa de Redondela, “poden frear a pandemia” que son a prevención e sensibilización da veciñanza.

    Digna Rivas apelou á responsabilidade dos veciños e veciñas para que “o enorme sacrificio que supuxo o confinamento para a cidadanía, que o afrontou cunha actitude exemplar e responsable, e para as nosas empresas e comercios, sirva para seguir avanzando e que non tiremos ese esforzo por terra”.

    “A pandemia non rematou e somos conscientes de que en Redondela hai un número considerable de casos activos nestes momentos”, afirma Digna Rivas, “a enfermidade segue aí fora e o único xeito que temos de freala é coa actitude responsable de cada quen que é, ao mesmo tempo, a mellor homenaxe que se lle pode facer a todos cantos estiveron traballando a pé de rúa, poñéndose eles e elas en perigo, para manter a sanidade e os servizos públicos en marcha. Esa é a mellor homenaxe que lles podemos facer”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.