Tag: asociación de empresarios de redondela
Ultimos días para adherirse ao Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela
Candidatos de toda a provincia poden solicitar a súa participación no novo Programa de Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela, un proxecto que comprende ata catro itinerarios formativos entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías con accións piloto que buscarán desenvolver habilidades para novas profesións baseadas na tecnoloxía.
Chegan a Redondela os ‘Shopping Days’ o mellor da ‘Shopping Night’ e da ‘Feira de Oportunidades’ nun único evento
Un novo formato de promoción comercial que combina o mellor da Feira de Oportunidades co mellor da Shopping Night, chega ao comercio Redondela. Trátase dun evento único que achegará á clientela a posibilidade de acceder as mellores ofertas da Feira de oportunidades e aos descontos da estrea da nova tempada: os Shopping Days, que esta mañá foron presentados coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
Concello de Redondela e Asociación de Empresarios presentan unha campaña de dinamización lingüística na hostalaría
O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, e a Asociación de Empresarios/as de Redondela presentaron hoxe unha campaña de dinamización lingüística nun acto no que participaron a alcaldesa e responsable do departamento de Normalización Lingüistica, Digna Rivas, e Cruz Bastos e Gustavo Rivas, das seccións de Turismo e Hostalaería da Asociación de Empresarios, respectivamente.
Os renos de Nadal chegan a de Redondela da man do Concello, centros escolares e Asociación de Empresarios
A Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello de Redondela xunto a todos os centro educativos do municipio, colaboraron nunha singular iniciativa de decoración e ambientación de Nadal. Un total de 19 renos foron decorados polos centros escolares seguindo distintos estilos pictóricos e expresións artísticas. Unha vez preparados, agora tomarán as prazas e rúas de Redondela.