Tag: bibliotecas municipais de redondela
‘Xela a diario’, Redondela pon en valor a figura profesional e humana da autora á que se dedican as Letras Galegas 2021
Xela Arias, autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, será obxecto dunha iniciativa radiofónica que poñen en marcha as Bibliotecas Municipais de Redondela e que, baixo o nome Xela a Diario –chiscadela á obra 'Darío a Diario'– emitirase na Radio Municipal de Redondela, baixo a dirección da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini.