10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: aer

    AER comeza co proceso de relevo de concelleiros

    Un dos principios que sempre defendeu AER foi a renovación dos seus cargos no Concello durante o mandato de 4 anos. Durante o período electoral, AER manifestou claramente que, aínda que non estivese na oposición, ía manter esta mecánica na medida do posible

    AER rexeita “a oposición desnortada” do Partido Popular de Redondela

    A Agrupación de Electores de Redondela, AER, cualifocou de "desnortada" a oposición que realiza o PP de Redondela logo de que a súa portavoz "sen ningún tipo de rubor" gravara os postos de traballo do funcionariado das oficinas que o Concello ten en Chapela "onde hai información confidencial".

    AER lémbralle Bas que o recurso á PassVigo foi presentado polo Concello, “nin polo PP nin por Javier Bas como persoa física”

    A sentenza pola que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo declara que a esixencia de empadroamento como condición para a obtención da nova tarxeta de transporte PassVigo e as declaracións do exalcalde de Redondela, Javier Bas, nas que sinalaba que "que a sentenza era unha vitoria do seu equipo, e que seguira adiante sen o apoio de ninguén", foron hoxe obxecto de matización, clara e precisa, por parte da Agrupación de Electores de Redondela (AER).

    Acordo do BNG e PP de Redondela para incrementar en 90.000 euros o gasto de asignacións aos partidos

    No Pleno da Corporación Municipal de Redondela do pasado venres, a oposición –PP e BNG– "aliouse" para incrementar o gasto en asignacións aos grupos políticos fronte a proposta do Goberno local de manter as asignacións do mandato anterior. O acordo acadado supón que as arcas municipais van ter que destinar 90.000 euros máis no conxunto do mandato por este concepto, un 130 % de incremento respecto da anterior.

    PSdeG-PSOE e AER acadan un acordo de goberno para os vindeiros catro anos

    O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.