9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: sociedade cultural do viso

    O Centro Cultural de Saramagoso, no Viso, programa un concerto de música tradicional para o sábado 13 de novembro

    O Centro Cultural de Saramagoso, conxuntamente coa Sociedade Cultural do Viso e o Concello de Redondela organizan para o vindeiro sábado 13 de novembro ás 18 h un concerto no que a musica tradicional é a protagonista.

    A Sociedade Cultural do Viso retoma os cursos de música tradicional

    A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, comezará o curso lectivo despois do parón por mor da COVID-19. As actividades comezarán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña a partir das 18:30 h.

    A Sociedade Cultural do Viso celebra, este vindeiro venres, a súa Asemblea Anual Ordinaria

    A Sociedade Cultural do Viso celebra este venres 21 de abril a súa asemblea anual ordinaria que terá lugar na Antiga Escola de Tuimil (Sociedade de Agricultores do Viso) ás 20:30 horas. No decurso da asemblea farase balance das actividades do ano 2019, avaliaranse as medidas tomadas en virtude do Covid-19 e se someterán a aprobación as propostas de actuacións para o presente ano.

    A Sociedade Cultural do Viso abre a inscrición para un curso de ‘Conservas tradicionais’

    A Antiga Escola de Tuimil do Vigo, Redondela, acollerá un curso de 'Conservas Artesanais' que se desenvolve a través do programa 'Depo en Marcha' 2019' da Deputación de Pontevedra. A iniciativa, enfocada preferentemente a persoas maiores –o 70 % das prazas– comezará o día 23 de setembro e o prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro.

    A Sociedade Cultural do Viso, en Redondela, retoma os cursos de cultura tradicional

    A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, Redondela, será escenario de novos cursos de cultura tradicional organizados pola Sociedade Cultural do Viso. En setembro iniciaránse as actividades do curso de Gaita e Percusión e xa en outubro o fará o de pandeireta e canto tradicional.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.