19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra asina o contrato do cambio de pavimento para o Pavillón Municipal...

    Salvaterra asina o contrato do cambio de pavimento para o Pavillón Municipal de Leirado

    A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de asinar o contrato de subministro e instalación de pavimento deportivo no Pavillón Polideportivo de Leirado coa empresa Mondo Ibérica, por un importe de 61.752,29 €, cun prazo de execución de dous meses.

    As obras consisten en colocar sobre a soleira existente do Pavillón Polideportivo un pavimento deportivo aeroelástico de tarima de madeira, especialmente apto para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán e patinaxe, específico de instalacións deportivas.

    O pavimento instalado será en madeira, conforme últimas esixencias da certificación UNE 14-904, deportivamente certificado a máximo nivel FIBA con certificados medioambientais, unha superficie equivalente á que se está celebrando os campionatos do mundo sub 21 de balonmán en Vigo e Pontevedra.

    Coa instalación deste pavimento búscase a mellora da calidade de xogo e a máxima protección dos rapaces e rapazas que practican deporte a diario nas instalacións municipais.

    A alcaldesa, Marta Valcárcel, lembraba “que son moitos os rapaces e rapazas que utilizan este Pavillón, xa que en horario escolar son máis de 100 nenos os que pasan por el, ademais das asociacións deportivas que practican deporte de maneira asidua, o Concello busca mellorar a calidade pero sobre todo ofrecer aos seus veciños as mellores condicións para practicar deporte”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.