O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar o ‘Verán Cultural 2024’, unha programación dirixida a todo o público dende máis maiores ata os máis pequenos e pequenas que contan coma sempre cun apartado especial.
O inicio da programación máis esperada do ano terá lugar o 27 de xullo co concerto de Carlos Núñez que volve un ano máis a Salvaterra de Miño dentro da súa xira Lugares Máxicos. As entradas están á venda no Museo da Ciencia do Viño e na web ataquilla.com
Dentro do calendario para o verán non podían faltar festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público ano tras ano e que son un atractivo dentro e fora do noso Concello.
A Festa do Viño do Condado do Tea chega a súa sesaxésima quinta edición onde destacan as catas populares, o Túnel do Viño, a gastronomía e os concertos con nomes destacados como Luar na Lubre, De Vacas ou Roi Casal.
Nos próximos días chegará as casas toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:
- Sábado 27 xullo
- Concerto Carlos Núñez
- Luns 29 xullo
- Festa da Espuma e Animación musical
- Mércores 31 xullo
- Festa Hinchables de auga
- Xoves 1 agosto
- Baile Moderno
- Venres 2 de agosto
- Festival Folclórico A.C. Pontenova
- Sábado 3 agosto
- O Son da Muralla
- Luns 5 agosto
- O Mundo a Danzar
- Mércores 7 agosto
- Concerto da Orquestra Clásica de Vigo