Tras o éxito do anterior curso de Manipulación de Alimentos realizado o pasado venres 5 de abril e ante a demanda de formación entre os veciños e veciñas, a Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) a través do Plan Corresponsables oferta unha segunda data para a formación presencial dirixida a mulleres e homes.
O curso que se celebrará na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño o 20 de abril de 10:00 h a 13:00 horas ten abertas as inscricións en [email protected] ou no teléfono 629 770 177. Prazas limitadas.