Tag: gondomar
A Mancomunidade do Val Miñor zanxa o problema da temperatura da piscina
A Mancomunidade do Val Miñor dá por zanxada a crise da temperatura da auga da piscina da Ramallosa tras acadar un acordo con Serviocio aceptado nunha Xunta de Portavoces ex-profeso.
Gondomar estrea unha nova praza adicada a Rosalía de Castro
Gondomar conta desde este sábado cun novo espazo de encontro para a cidadanía, adicado a poeta e novelista galega máis universal.
Gondomar acende o seu Nadal
Este sábado, 3 de decembro, Gondomar dá inicio ás múltiples actividades programadas para este Nadal.
Gondomar colabora coa Asociación Española contra o Cancro cunha exposición
Onte inaugurouse en Gondomar unha exposición fotográfica que relata 12 hitos nacionais importantes, entre os que se atopan os resultados do grupo do Doutor Antoni Castells nas investigacións referentes ao cáncer de colon ou as da Doutora Marisol Soengas, na loita contra o melanoma.
Gondomar pon en marcha o seu concurso de decoración de Nadal
O Concello de Gondomar abreo prazo de inscrición para unha nova edición do Concurso de Decoración de Nadal.
A Xunta axudará a reducir o risco de inundación dos ríos Miñor e Zamáns, en Gondomar
A Xunta vén de adxudicar por preto de 1,8 millóns de euros as obras destinadas a reducir o risco de inundación dos ríos Miñor e Zamáns, no concello de Gondomar.
Gondomar inicia un estudo da situación das comunidades de usuarios de augas
O Concello de Gondomar e COXAPO, realizarán un estudo da situación de todas as comunidades de usuarios de augas de Gondomar, tal e como acordaron o alcalde, Paco Ferreira, e o presidente da asociación, Joaquín Pousa.
Gondomar abre o prazo de solicitude para a instalación de postos no mercado de Nadal
O Concello de Gondomar abriu o prazo de solicitude para a instalación de postos de venda na terceira edición do seu Mercado de Nadal, que se celebrará na Praza Paradela os días 10 e 11 de decembro.
Máis de 6.000 vivendas de Gondomar xa dispoñen das novas placas identificativas
O proceso para identificar as vivendas e inmobles de Gondomar, chegou a súa última fase. Tras un arduo traballo de identificación de todas as vivendas a través dun estudo que correxiu aquelas numeracións incorrectas.
‘Papagena’, a ópera electrónica en galego dirixida por ButacaZero, chega a Gondomar
Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este sábado 5 de novembro, ás 21 h, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
O Concello de Gondomar e a UVigo organizan tres seminarios para maiores
O Concello de Gondomar e a Universidade de Vigo, dentro da súa aula para maiores de 55 anos, organizan durante este mes de novembro tres interesantes seminarios gratuitos.
O Plan Concellos da depuración mellorará o saneamento de Vilaza, en Gondomar
A veciñanza da Rochela, na parroquia de Vilaza de Gondomar, verá cumprida a súa demanda de contar cun sistema de saneamento en todo o núcleo.
Gondomar ofrece asesoramento gratuíto ao comercio para a revisión das facturas eléctricas
O Concello de Gondomar a través dun convenio asinado coa Federación Provincial de Comercio Turismo e Mercados de Pontevedra, ofrecerá un servizo de asesorameto gratuíto en materia de consumo eléctrico, para calquera comercio ou empresa ubicada en Gondomar.
Gondomar presenta o seu ciclo de teatro de outono
O Concello de Gondomar presentou o seu ciclo de outono de teatro dentro da súa programación Gondocultura Outono 2022.
III ruta ciclista “Camiño do Irmandamento”
Un ano máis o Concello de Gondomar en colaboración coa Cámara Municipal de Gondomar (Portugal) organiza o CAMIÑO DO IRMANDAMENTO, unha ruta ciclista que unirá estes dous concellos irmandados.
Máis de 1.000 quilos de residuos retirados do río de Gondomar
Máis de 30 voluntarios participaron este pasado domingo na xornada de limpeza de ríos que, en colaboración con ADEGA, se levou a cabo nos ríos de Gondomar, así como de outros moitos Concellos de Galicia de maneira simultánea.
O Concello de Gondomar doa material informático e sanitario á Asociación Avelaíña
O Concello de Gondomar fixo entrega de diferente material informático e sanitario á “Asociación Aveleíña Saúde Mental”, nunha visita feita polo alcalde e as concelleiras, Nuria Lameiro e Rocío Goberna, ás súas instalacións en Baiona.
Gondomar oferta máis de 600 prazas nas súas escolas deportivas municipais
O Concello de Gondomar porá en marcha un ano máis as súas escolas deportivas en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Os traballadores contratados ao abeiro do Plan Concellos a piques de rematar o contrato
Desde a última semana do pasado mes de marzo, 9 traballadores desenvolveron a súa actividade profesional no Concello de Gondomar.
Protección Civil Val Miñor adquire un novo furgón
A Mancomunidade do Val Miñor vén de investir 14.000 € nun furgón para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Val Miñor, concretamente unha Fiat Scudo de 9 prazas.
A maxia e a música inundarán Gondomar esta fin de semana
Enmarcadas dentro do programa “Gondocultura Verán 2022”, o Concello de Gondomar programou para esta fin de semana dúas actuacións musicais e un espectáculo de ilusionismo e maxia.
Gondomar e a Deputación avanzan na mellora da seguridade viaria no municipio
Acceder ao centro urbano de Gondomar é máis doado e seguro grazas a remodelación, xa rematada, do cruce das rúas San Bieito e Morgadáns coas estradas provinciais que dan servizo as parroquias de Peiteiros e Chaín-Morgadáns.
O Concelo de Gondomar apagará a iluminación dos seus edificios a partir das dez da noite
A partir de hoxe as 22:00 horas e en cumprimento do R.D. 14/2022 de 1 de agosto, de medidas de sostenibilidade económica así como de medidas de aforro, eficiencia enerxética e de reducción da dependencia enerxética do gas natural, o Concello de Gondomar apagará a iluminación nos edificios da súa titularidade, a partir das 22:00 horas.
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade das estradas PO-331, PO-332 e PO-340 a prol do Concello de Gondomar
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Gondomar de varios treitos antigos das estradas PO-331, PO-332 e PO-340, xunto coa súa franxa de dominio público viario asociado.
O CIM de Gondomar incorpora unha avogada para asesoramento xurídico
O Centro de Información a Muller (CIM) de Gondomar incorpora dende mañá unha letrada que facilitará asesoramento xúridico a mulleres que así o requiran.
Gondomar acolle o festival de danza ABANEA do xoves ao domingo
Paco Ferreira destacou que “o Concello de Gondomar ten unha aposta decidida pola cultura en xeral e particularmente pola danza, co apoio constante as 4 escolas de danza existentes no noso municipio, e coa programación dun festival de tanto prestixio a nivel nacional e internacional como é ABANEA”.
Gondomar dota de WiFi gratuíto espazos e edificios públicos do municipio
O goberno local de Gondomar, que dirixe Paco Ferreira, investiu preto de 30.000 euros na instalación dunha decena de puntos de acceso á rede.
Gondomar acollerá a primeira edición do festival de danza ‘Abanea’
A asociación IS·MO Cultura lanza Abanea, festival de danza e movemento que celebrará a súa primeira edición entre o 28 e o 31 de xullo en Gondomar e Allariz, para o que conta co apoio da Xunta de Galicia.
Gondomar presenta a súa programación cultural de verán “Gondocultura verán 2022”
O alcalde de Gondomar Paco Ferreira presentou onte pola mañá a programación cultural de verán “Gondocultura verán 2022”. O rexedor destacou que “se trata dunha programación para todos os públicos, e que inclue música de todos os estilos, danza, teatro, circo e ata un festival canino e que arranca tras o éxito das Festas de San Bieto que acaban de rematar”.
A Deputación reparte 8.000 euros de axudas para catro proxectos de dinamización do galego no Val Miñor
Un total de 62 entidades sen ánimo de lucro veñen de ver aprobadas as axudas do departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, , que neste ano ascenden a 120.000 euros, para realizar actividades de dinamización do galego na provincia de Pontevedra.
Os alcaldes do Val Miñor denuncian a falta de persoal médico na comarca
Os tres alcaldes do Val Miñor reuníronse esta mañá con persoal médico e de enfermaría do Centro de Saúde do Val Miñor para apoiar aos profesionais na súa demanda de máis sanitarios durante a tempada estival.
Gondomar volve a tapizarse de flores
Gondomar celebra o sábado 18 e o domingo 19 de xuño unha nova edición da sua tradicional Festa do Corpus. Centos de veciños e veciñas de tódalas idades levan semanas recolectando pétalos e follas para a confección das famosas alfombras florais.
A ‘Festa da Bicicleta’ reuniu a máis de 600 persoas
Os tres concellos do Val Miñor volveron a pedalear xuntos este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta' que nesta ocasión reuníu a máis de 600 persoas tras ser aprazado o 17 de Maio pola previsión de choiva.
O Concello de Gondomar e a Xunta asinan o convenio de xestión da depuradora
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en calidade de presidenta de Augas de Galicia, asinou vía telemática un novo convenio de colaboración co Concello de Gondomar, polo que a Xunta de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora de augas residuais de titularidade municipal.
Baiona, Gondomar e Nigrán celebrarán o 5 de xuño a ‘Festa da Bicicleta’
Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos finalmente este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta' que sempre reúne a centos de persoas e que non se puido celebrar no seu día, o 17 de maio, ante a previsión de choiva.
“Degusta Europa” triunfa en Gondomar
Preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptadas con produtos de quilómetro cero, da provincia de Pontevedra, convertéronse en protagonistas no Mercado de Gondomar a través do programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa”.
Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas
O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.
O conservatorio de Gondomar abre o prazo de inscrición para as probas de acceso
Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao primeiro curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2022/2023.
A activista Amelia Tiganus visita Gondomar
Grazas á invitación do Concello de Gondomar, a activista feminista e abolicionista Amelia Tiganus, nada en Rumanía e afincada no País Vasco, visitou durante dous días a vila de Gondomar.
Gondomar pon en marcha unha nova edición do seu programa “Gondoverán”
O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo “GONDOVERÁN”. Destinado a nenos de 3 a 12 anos de idade, este programa combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo.