23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: rosa covelo

    Ponteareas súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación para a dixitalización de mulleres no rural

    O Concello de Ponteares súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación totalmente gratuíto que ten por obxectivo a dixitalización de mulleres demandantes de emprego, especialmente no rural. O Centro de Desenvolvemento Local acollerá as clases deste completo curso no que todas as participantes poderán gozar dunha completa formación en ferramentas que “sen dúbida favorecerán a empregabilidade e impulsarán o emprendemento".

    Ponteareas comeza a esterilización das súas 17 colonias felinas

    O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, comezou a esterilización das 17 colonias felinas que hai na vila. Nestas semanas xa hai dúas completamente tratadas, e xa se comezou a capturar aos gatos dunha terceira. “Priorizamos as intervencións nos espazos que acumulan máis queixas da veciñanza, sexa por problemas sanitarios, ruídos, alimentación…”, explica a edil.

    O CDL de Ribadetea, Ponteareas, acollerá unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro

    A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa Covelo, organiza este mes unha nova xornada formativa, nesta ocasión enfocada cara á detección e loita contra as doenzas do castiñeiro, o chancro Cryphonectria parasitica e a avespa Dryocosmus kuriphilus. O curso celebrarase o vindeiro 26 de xullo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, en Ribadetea, en horario de mañá.

    Ponteareas entra na rede galega de ‘Praias sen fume’

    O Concello de Ponteareas vén de adherirse á rede galega de ‘Praias sen fume’, un programa posto en marcha pola Dirección Xeral de Saúde Pública para promocionar unha vida sen tabaco que xa se expande por todo o litoral galego. Deste xeito, as praias da Freixa e de San Roque manteranse a partir de agora libres de malos fumes e de cabichas. Ambos os dous areais xa contan coas bandeiras e carteis de sinalización.

    CON_CIENCIA_TEA, a aposta de Ponteareas pola conservación do patrimonio natural

    O Concello de Ponteareas vén de reforzar a súa aposta pola conservación e revalorización do patrimonio natural como un alicerce básico para mellorar a calidade de vida da poboación rural, que axude á creación de emprego vinculado co medio ambiente e á fixación da poboación no medio rural.

    O Eixo Atlántico colaborará con Ponteareas na elaboración do proxecto ‘De-volta á terra’

    Tras a adhesión nas pasadas semanas de Ponteareas ao Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, a Axencia de Ecoloxía Urbana deste ente amosou o seu interese na innovadora proposta do Concello de Ponteareas para a realización dun estudo integrado do sistema de xestión de biorresiduos, polo que traballará xunto á concellería de Medio Ambiente na elaboración do proxecto 'De-volta á terra'.

    Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra poñen en valor o erbedal do parque forestal da Picaraña

    A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, xunto con representantes das Comunidades de Montes de Ponteareas, Arcos e Bugarín, visitou as actuacións realizadas en 2020 no parque forestal da Picaraña, co financiamento do Concello de Ponteareas e da Deputación Provincial de Pontevedra. A edil nacionalista salientou que “as actuacións desenvolvidas nun total de 34 hectáreas supuxeron un investimento de 68.000 euros e atinxiron á mellora medioambiental do espazo natural e á creación de novos equipamentos de lecer na natureza”.

    O alumnado de Ponteareas aprende a importancia da compostaxe a través de obradoiros didácticos

    A concellaría de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, vén de retomar as actividades escolares sobre compostaxe impartidas dentro do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra ao que está adherido o Concello ponteareán.

    As concellerías de Medio Ambiente e Ensino de Ponteareas organizaron actividades escolares sobre compostaxe

    No marco do programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, as Concellarías de Ensino e Medio Ambiente, que dirixen Cristina Fernández Davila e Rosa Covelo Alonso, respectivamente, participaron estes días nunha serie de actividades didácticas –adaptadas pola situación da COVID-19– sobre compostaxe, no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

    Ponteareas reafirma a súa aposta polos parques forestais con novos investimentos nos de Ribadetea e Xinzo

    O Concello de Ponteareas vén de reforzar a súa aposta polos parques forestais coa realización de novos investimentos nos situados nos montes veciñais das parroquias de Ribadetea e Xinzo, segundo informou a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.

    Carlos Font, na súa visita a Ponteareas, fai un chamamento “á implicación de todos e todas na recollida e reutilización do lixo electrónico”

    Ponteareas conta cun punto limpo adaptado á recollida de 'lixo electrónico' gracias ao investimento realizado pola Deputación de Pontevedra no marco do proxecto europeo ESTRAEE. O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e o deputado de Infraestruturas e Vías Provincias, Gregorio Agís, xunto ao alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote e á concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, visitaron esta mellora e, a continuación, as obras de seguridade peonil realizadas no acceso á igrexa de Guláns na estrada provincial EP4004.

    Ponteareas promoverá a reciclaxe e reutilización do lixo electrónico

    Ponteareas será un dos once concellos da provincia que participará na campaña da Deputación de Pontevedra de reciclaxe e reutilización do lixo electrónico, segundo informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.

    Ponteareas celebrará unha Xincana Medioambiental de Orientación

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, convida a toda a cidadanía a participar na Xincana Medioambiental de Orientación que terá lugar o vindeiro domingo 19 de xullo.

    A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas pide a colaboración cidadá para rematar cos vertedoiros incontrolados

    A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, lamentou a aparición dun novo vertedoiro incontrolado no Confurco. Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.

    Ponteareas procede a una nova retirada de vertedoiros incontrolados

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, pide a colaboración cidadá para rematar coa imaxe do lixo e dos enseres abandonados tanto en puntos espallados como na contorna dos colectores de lixo. Nesta semana vén de retirar varios vertedoiros incontrolados en distintos puntos do concello ademais de atopar colectores de lixo rodeados de enseres e bolsas que non foron deitadas dentro do contenedor.

    A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas chama á colaboración cidadá para manter o municipio “limpo e coidado”

    A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, lamentou hoxe a imaxe dada por un contedor en Canedo "con enseres que deben ser depositados no punto limpo" un feito que, sinala a concelleira, "reflicte a falta de solidariedade dalgúns cidadáns", que cada vez son menos, pero que aínda se dan casos. Covelo anima á veciñanza a colaborar ao mesmo tempo que a denunciar aquelas actitudes incívicas "trasladando ás autoridades toda a información posible".

    Ponteareas mantén o servizo semanal de recollida de enseres pero pecha ao público o Punto Limpo

    A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, informa que por mor do Estado de Alarma polo COVID-19 as instalacións do Punto Limpo de Ponteareas permanecerán pechadas cara ao público pero o servizo gratuíto de recollida de enseres mantén a súa rutina de recollida semanal con normalidade.

    A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas chama á colaboración cidadá para evitar o lixo nas rúas

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, fai un novo chamamento á cidadanía para conseguir unha vila máis limpa e rematar co depósito de lixo fóra dos puntos axeitados. Covelo lembra que a cidadanía dispón dun amplo servizo de recollida de lixo que abrangue a recollida diaria, a recollida á demanda semanal de enseres e o punto limpo.

    Rematan os traballos do parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso, Ponteareas

    A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, informa que xa están rematados os traballos de acondicionamento do parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso desenvoltos en colaboración coas comunidades de montes en man común de Couso e de Guláns mantendo a liña de colaboración e traballo participativo iniciado en 2015 co alcalde Xosé Represas.

    O Concello de Ponteareas elimina un vertedoiro incontrolado en Xinzo

    A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, procedeu nestes días á eliminación dun vertedoiro incontrolado no barrio de Confurco en Xinzo. “A cidadanía non precisa verter na vía pública porque para iso dispón dun servizo gratuíto de recollida e dun punto limpo cun amplo horario. A día de hoxe cos servizos de recollida e tratamento de lixo dos que dispón a cidadanía, non se poden consentir estas actitudes incívicas”, sinalou a responsable de Medio Ambiente.

    Arcos, primeira experiencia de compostaxe individual de Ponteareas

    A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, e o concelleiro do Medio Rural, Roberto Mera, xunto a varios técnicos, presentaron onte na parroquia de Arcos o programa de compostaxe individual que se acaba de implantar nesta parroquia ponteareán, no marco do programa Revitaliza impulsado e financiado pola Deputación.

    Ponteareas xa conta cun novo vehículo para traballos medio ambientais

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que xa está a disposición do persoal do seu departamento o novo vehículo adquirido con fondos propios e coa subvención outorgada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

    Ponteareas remata as obras de acondicionamento da casa de autopsias

    A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitaron as obras de acondicionamento da casa de autopsias do cemiterio municipal, financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que supuxeron un investimento de 38.216,05 € (IVE incluído).

    Ponteareas celebra unha andaina cun marcado carácter solidario

    Arroz, pasta, leite, galletas, atún e sardiñas en conserva, legumes, froita e verduras en conserva e aceite de oliva son os produtos que máis precisa o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas e por iso a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e o grupo 'Os do Condado' piden a colaboración da cidadanía para que, todos e todas as que poidan, aporten este domingo, 27 de outubro, algúns destes produtos.

    Ponteareas, no noveno seminario sobre compostaxe doméstica e comunitaria

    A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, participou nestes días no noveno seminario sobre compostaxe doméstico e comunitario que se celebra en Valladolid e no que a vila do Tea participa co obxectivo de acadar "unha vila o máis sustentable posible e ir mellorando as ferramentas que se comparten coa cidadanía para conseguilo".

    Ponteareas deseña os primeiros compromisos co planeta

    A media mañá do venres, alumnado de todos os centros educativos de secundaria de Ponteareas achegouse ao Concello para concentrarse, chamar a atención sobre a crítica situación do planeta e reunirse coa concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, que os convidou a sentarse no salón de plenos e estudar os primeiros compromisos que mocidade e concello van adquirir para protexer o planeta.

    A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas “reta” á cidadanía a participar na Carreira de Orientación

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, convida a toda a cidadanía a participar na Carreira de Orientación que terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro. Cun custe de inscrición case que simbólico, 4 euros para adultos e 3 € para nenos e nenas, todas as persoas participantes colaborarán coa protectora de animais Os Biosbardos que recibirán o importe das inscricións.

    Ponteareas pide a colaboración veciñal para o uso do servizo de recollida de enseres

    A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, quere recordar á cidadanía que cada semana os veciños poden dispor do servizo de recollida de enseres, referíndose deste xeito a mobiliario voluminoso, colchóns, neveiras ou somieres, entre outros moblaxes de particulares e dos fogares. Todos aqueles que queiran empregar...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.