O Club de Ponteareas, Pontebike Team, dá un paso máis no seu crecemento e para esta tempada 2022 e incorpora ao seu Equipo a Marcos Fernández Avendaño, 3º de 2019 e 4º do 2020 da Federación Española de Ciclismo na modalidade de Trial.
Marcos incorpórase ás filas do Pontebike Team despois dunha tempada 2021 marcada polo Covid-19 e incorpórase ás filas do Pontebike Team-Sportskids xunto cos seus compañeiros doutras modalidades como Enduro e Dh.
O club, que continua por segundo ano co seu Equipo de competición na Real Federación Española de Ciclismo, denominándoo oficialmente Pontebike Team-Sportskids, aposta este ano por axudar aos ciclistas máis novos das distintas modalidades de ciclismo.
Esta Tempada 2022 o club marca como obxectivo a Copa e o Campionato de España de Trial e no ámbito galego tamén participará nas probas que se disputen.
“Se es amante do Enduro, Dh, Trial, Bmx ou Xco, non dubides en contactar” animan dende o Pontebike. Para más información, as interesadas e interesados poden poñerse en contacto co club no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 653 461 257.