13.4 C
Pontevedra
Domingo, 24 de Outubro de 2021
Máis
    HomeO CondadoPonteareasMera lamenta que o PP rachara o consenso sobre a zona azul...

    Mera lamenta que o PP rachara o consenso sobre a zona azul de Ponteareas cambiando en dous días a súa postura inicial

    O Goberno aceptou as propostas iniciais do PP quen, dous días despois, as cambiou por completo para opoñerse nos medios de comunicación

    O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, amosou a súa sorpresa e decepción ante a postura do PP respecto á modificación da ordenanza reguladora da coñecida como zona azul, en vigor dende 2008. Mera explicou que “o Goberno aceptou as propostas iniciais escritas do PP quen dous días despois as cambiou por completo para opoñerse a través dos medios de comunicación”.

    Mera considerou que “o cambio de postura do PP en dous días ten unha única explicación: non queren consensuar nada con este goberno. Na reunión celebrada o pasado luns 15 comprobaron que se lle aceptaban as súas propostas e quedaron desconcertados polo que decidiron dous días despois inventarse novos motivos de oposición e anuncialos a través da prensa, o que revela a falta de palabra, de madurez e de seriedade do PP e a súa actuación vergonzosa e ridícula”.

    Mera pedíu á veciñanza “e especialmente ao sector comercial que tomen nota da negativa do PP a ampliar o horario da zona azul ás tardes e a súa oposición a implantalo no complexo deportivo Álvaro Pino”.

    O concelleiro fixo públicos os dous documentos presentados polo PP “onde se observa o cambio radical de postura en poucos días”. Mera tamén difundíu a proposta inicial e final do goberno “onde se comproba que se aceptaron as propostas iniciais do PP para un consenso que Belén Villar decidíu rachar”. O edil nacionalista explicou ademais que “a maioría dos cambios na ordenanza son en realidade para corrixir unha deficiente redacción xurídica do texto aprobado en 2008 polo PP xa que nesa ordenanza de forma contraditoria se establecían lugares e horarios fixos e inamovíbeis de zona azul e ao mesmo tempo se facultaba ao alcalde a ampliar lugares e cambiar horarios”.

    Relación de feitos

    O edil nacionalista explica que o 28 de febreiro se remitíu a proposta de modificación da ordenanza ao PP, quen presentou as súas alegacións e consideracións o día 5 de febreiro. Nelas se solicitaban só tres modificacións:

    • Que non se incrementara o importe das sancións nun 15% correspondente ao IPC dende 2008.
    • Que dentro do tempo máximo de estacionamento, hora e media, se permitira aparcar e desaparcar tantas veces como se quixera.
    • Que o establecemento de novas rúas e horarios non quedase en mans do alcalde senón do Pleno mediante modificación da ordenanza.

    O concelleiro de Mobilidade e Tráfico convocou unha reunión cos grupos municipais que se celebrou o día 15. En dita reunión o PP engadíu ao anterior unha solicitude de que se modificasen algúns aspectos da exposición de motivos da modificación que o PP non compartía. Por parte do concelleiro de Mobilidade

    • Aceptouse retirar o incremento do 15% do importe das sancións.
    • Aceptouse modificar a exposición de motivos tal como pedía o PP.
    • Aclarouse que a ordenanza actual xa permite aparcar e desaparcar durante hora e media como pedía o PP e por iniciativa propia considerou interesante recoller tamén a posibilidade de que o Concello estableza un sistema que permita obter o ticket para períodos inferiores a hora e media podendo o usuario voltar aparcar noutro horario polo tempo restante.
    • Pedíuse ao PP que aceptase que a decisión de establecer novas zonas e horarios fora competencia do alcalde, pois así estaba establecido tamén na ordenanza de 2008 aprobada polo PP e así xa o fixera González Solla como alcalde para ampliar a rúas como Constitución ou Praza de Bugallal.

    Deste xeito, ao remate da reunión, todo o solicitado polo PP foi aceptado quedando este partido pendente de aclarar se aceptaban recoñecer a competencia ao alcalde.

    Ao remate da reunión, o Concello remitíu a nova proposta de modificación para ser tratada na comisión informativa e pleno: nela recolléronse todos os cambios aceptados ao PP (por erro de transcrición por parte de Secretaría, a suba do IPC nas sancións retirouse da exposición de motivos e non do articulado, o que foi corrixido na comisión informativa).

    Sorprendentemente, o PP, o día 17, na véspera da Comisión Informativa, emite un comunicado de prensa anunciando que votará en contra da modificación da ordenanza e presenta un novo escrito opoñéndose á proposta do goberno por motivos que non figuraban no seu escrito do 5 de febreiro nin foran expostos na reunión do día 15. O PP, cambiando de criterio, formula agora de forma sorpresiva e cambiando a súa postura:

    • Oponse á modificación do artigo 2 e 3 que abre a posibilidade de establecer límites de horario diferentes ao de hora e media propoñendo ampliar de hora e media a dúas horas o tempo máximo de estacionamento (apartado 5). Nada se dixera no escrito anterior e reunión.
    • Oponse a que se amplíe o estacionamento limitado polas tardes (apartado d) e g). Nada se dixera no escrito anterior e reunión.
    • Oponse á modificación do artigo 6 (apartado h). Nada se dixera no escrito anterior e reunión.
    • Proponse que o alcalde unicamente poda modificar horarios dentro da franxa de 9:00 a 14:00 (apartado c). Nada se dixera no escrito anterior e reunión.
    • Opóñense a que se incremente no 15% o importe das sancións, cando iso fora xa aceptado na reunión do día 15.
    • Propoñen como idea propia o que o concelleiro de Mobilidade anunciara na reunión: que o Concello poda adaptar as máquinas para expender tickets por períodos inferiores á hora e media.

    COLABORACIÓNS

    Sentir común

    Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía "gallega" se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.

    Ácido y Caracola

    Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear

    Francisco Castro, «O cemiterio de barcos»

    Francisco Castro regresa de novo á novela xuvenil, un territorio no que xa ten demostrado que se desenvolve con soltura, para presentarnos unha narración que se move en dous planos diferentes.

    Bizcocho de plátano

    No sé si consumir plátano canario en este momento puede ser una pequeña ayuda a los palmeros que están pasando por esta situación tan dolorosa, que desde aquí cuesta imaginar; pero si con esto podemos aportar un granito de arena, lo haremos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    12 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    5 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    46 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    35 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS