19.9 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeEleccións 12XLuís Bará destaca en Ponteareas "o exemplo de mobilización do pobo galego"...

    Luís Bará destaca en Ponteareas “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da carencia de material de protección na crise da COVID-19

    O cabeza de lista do BNG visitou en Ponteareas ao ‘Equipo batas, máscaras e gorros de SOGAPS’ que confeccionou voluntariamente máis de 200.000 máscaras, traxes e gorros para sanitarios de toda Galiza

    O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, recoñeceu hoxe “o exemplo de mobilización do pobo galego” diante da situación de carencia de material de protección na crise da COVID-19. Así o fixo nunha visita en Ponteareas ao ‘Equipo batas, máscaras e gorros de SOGAPS’ que agrupou dende o inicio da pandemia a máis de 300 persoas voluntarias que confeccionaron máis de 200.000 máscaras, traxes e gorros para sanitarios de toda Galiza.

    Bará, acompañado das tamén candidatas Montse Prado e Cristina Fernández, así como dos alcaldes de Ponteareas, Xosé Represas; As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e Mondariz, Xosé Emilio Barros, amosou estar “impresionados e admirados” ao coñecer a mobilización de primeira man. “Saíu o exército ás rúas, pero vós aquí montáchedes un auténtico exército de paz, de voluntariado, de xente desinteresada que fixo un traballo enorme. É a mellor representación que podemos ter dun país como o noso, que se volca para resolver unha necesidade que había, unha carencia que había no sistema sanitario e que cubristes vós. O noso recoñecemento, gratitude e emoción. E por suposto, nós daremos un impulso dende o goberno galego para o recoñecemento material deste labor”, sinalou o cabeza de lista ante as e os voluntarios.

    O cabeza de cartel do BNG destacou que é importante amosar recoñecemento ao traballo voluntario e anónimo de milleiros de persoas, exemplificándoo no colectivo, encabezado por Maite Isla, presidenta da Sociedade Galega co pobo Saharauí, que dende os primeiros días organizou unha rede de confección de batas, gorros, e máscaras, con asesoramento técnico do hospital de Vigo para que tiveran as máximas garantías. Insistiu, de feito, en que “non só merece o máximo recoñecemento social, senón tamén apoio do goberno galego, a través de fórmulas de axudas económicas materiais”.

    “Hai que poñer en valor que o pobo salva ao pobo. Esta crise demostrou que foi o traballo voluntario, a organización social, as redes de solidariedade quen lle fixo fronte á emerxencia social axudando a quen o precisaba, procurando alimento, apoio emocional para as persoas que o precisaban. Foi o traballo esencial da clase traballadora o que permitiu afrontar con garantías e superar a primeira fase de emerxencia”, insistiu Bará.

    A maiores o cabeza de lista destacou que este proxecto de máis de 300 persoas, a maior parte delas mulleres, demostrou tamén o papel das mulleres na sociedade en xeral e tamén en situacións de emerxencia, de “como son quen de organizarse nestas redes de apoio e solidariedade, a importancia da comunidade, do local e do próximo”.

    Por se iso non fose suficiente, este proxecto –dixo Bará– ten unha clara vontade solidaria, neste caso para o pobo saharauí. “Se nós tivemos un período curto de confinamento, eles son un pobo que leva décadas de confinamento no deserto lonxe do seu territorio. Hai unha xeración enteira ou máis sen esperanza. É o momento dende Galiza de ser solidarios con estes pobos como o saharauí ou o palestino de vivir pechados e confinados e de reclamar diante da comunidade internacional que haxa solucións”, subliñou.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS