15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA veciñanza de Ponteareas demanda ocio alternativo sen alcohol

    A veciñanza de Ponteareas demanda ocio alternativo sen alcohol

    Ducias de veciños e veciñas afectadas por problemas de convivencia que provoca o botellón participaron no encontro organizado polo Concello

    Ducias de veciños e veciñas afectadas polo botellón e os locais de ocio nocturno acudiron o pasado venres á reunión convocada pola Concellaría de Bo Goberno, que dirixe Roberto Mera, dentro do proceso participativo que busca avaliar o fenómeno e as súas consecuencias. No encontro púxose de manifesto o malestar dos residentes no entorno da Feira Vella e rúas próximas polos problemas de convivencia derivados do chamado ‘botellón’ e da actividade de locais de ocio nocturno.

    Os asistentes, a través de numerosas intervencións, exemplificaron os problemas citando os ruídos por berros e aglomeración de persoas, a sucidade por orina, excrementos, vómitos, vasos e botellas en portais, o exceso de ruídos dalgúns locais, condución temeraria, a rotura de cristaleiras de portais de edificios, etc. Ademais, os presentes criticaron o que consideran “incapacidade” do Concello para poñer fin a esta problemática que provoca na veciñanza unha sensación de indefensión.

    En canto ás posibeis solucións, parte dos asistentes defenderon a adopción de medidas legais e sancionadoras que impidan o botellón, aínda que outros advertiron que non deixará de facerse porque se prohiba na Feira Vella ou noutros lugares. Moitas intervencións fixeron fincapé na responsabilidade especial de pais e nais, sobre todo respecto aos menores que consumen alcohol en espazos públicos e defenderon un maior control de horarios dos locais de ocio nocturno e ofertar á mocidade actividades alternativas de ocio e diversión sen alcohol.

    Todos coincidiron en que a educación está na base da problemática e dunha solución definitiva a longo prazo. Tamén se valorou positivamente que a problemática forme parte da axenda pública e suscite debate social para a búsqueda de solucións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.