13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: botellón

    Mos por fin poderá combater o botellón en Sanguiñeda

    O Pleno do Concello de Mos aprobou inicialmente no Pleno de pasado mes de novembro, e farao definitivamente na sesión plenaria do vindeiro 8 de marzo, a modificación da ordenanza municipal de medio ambiente en materia de convivencia cidadá, que entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia, BOP.

    A Garda Civil e a Policía Local de Baiona reforzarán a vixilancia para evitar botellóns

    Baiona afronta a súa primeira fin de semana da tempada estival cun dispositivo especial coordinado entre a Policía Local e a Garda Civil para evitar os botellóns.

    A veciñanza de Ponteareas demanda ocio alternativo sen alcohol

    Ducias de veciños e veciñas afectadas polo botellón e os locais de ocio nocturno acudiron o pasado venres á reunión convocada pola Concellaría de Bo Goberno, que dirixe Roberto Mera, dentro do proceso participativo que busca avaliar o fenómeno e as súas consecuencias.

    Ponteareas analiza o botellón dende o ambito educativo e da saúde

    A comisión de análise do botellón mantivo o pasado día 26 de setembro dous encontros dentro do proceso participativo posto en marcha para facer unha diagnose da problemática e elaborar un plan de medidas e actuacións.

    O Concello de Ponteareas convoca ás persoas afectadas polo botellón

    O Concello de Ponteareas convocou aos afectados polo botellón a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres 27 de setembro ás 20:30 horas na Sala Mutiusos do Auditorio Reveriano Soutullo. O goberno local adiantou xa que o venres 3 de outubro ás 20:30 horas celebrarase outro encontro, neste caso dirixido á mocidade en xeral e, en particular, a aquelas persoas que participan no botellón.

    A Policía Local de Ponteareas cuantifica en 600 persoas a afluencia máxima ao botellón

    A plantilla da Policía Local e o concelleiro de Bo Goberno Roberto Mera celebraron onte unha reunión de traballo enmarcada nos traballos de análise do fenómeno do botellón. Na reunión a Policía cifrou nunhas 500 a 600 persoas as que participan no botellón nas épocas de afluencia máxima, coincidindo con festas ou o verán.

    O goberno ponteareán comeza o proceso de participación para analizar o ‘botellón’

    O goberno local puxo en marcha esta semana o proceso de participación dentro do seu plan de análise e medidas respecto ao fenómeno do botellón. Celebraranse un total de once encontros ou reunións sectoriais. Nesta primeira semana reuniranse mesas de carácter interno municipal, comezando por un encontro con toda a plantilla da Policía Local para tratar a problemática desde a perspectiva da seguridade cidadán, convivencia e seguridade vial.

    Ponteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao “problema complexo” do botellón

    O goberno municipal de Ponteareas constituíu unha comisión de estudo e de traballo sobre o fenómeno do botellón. Dita comisión, presidida polo Alcalde, está formada polas concellerías con competencias na materia, Bo Goberno como área encargada de convivencia cidadá, Mocidade, Igualdade e Educación e Saúde.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.