13.7 C
Pontevedra
Sábado, 18 de Maio de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na...

    A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa sección de Ponteareas

    Será o vindeiro 22 de setembro ás 19.00 horas con inscrición previa

    A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa extensión de Ponteareas para dar a coñecer o que se está a realizar no centro, os métodos de ensinanza e os beneficios de estudar unha lingua estranxeira na escola e así atraer a novo alumnado e motivar a todas aquelas persoas que abandonaron os seus estudos por mor da pandemia. Todas as persoas interesadas en aprender inglés ou francés poderán participar na sesión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19.00 horas na sede da EOI no IES Val do Tea. A visita será con prazas limitadas, polo que será necesario a inscrición previa chamando ao 886 11 05 36 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo eoi.vigo.ponteareas@edu.xunta.gal.

    A sección de Ponteareas conta con estudos de inglés dende o nivel A1 ato o C1 e de francés no nivel básico integrado A1-A2 e no nivel intermedio B1, cos que o alumnado poderá obter o certificado que acredita a competencia lingüística de maneira oficial. Aínda que o prazo de matrícula xa rematou, a partir do 26 de setembro abrirase un período extraordinario coas prazas vacantes para todas aquelas persoas que queiran comezar xa este novo curso. As clases iniciaranse a partir do 30 de setembro de xeito gradual dependendo do nivel.

    Para máis información pode consultarse a páxina web da extensión de Ponteareas da EOI ou as súas redes sociais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.