Tag: escola oficial de idiomas
A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa sección de Ponteareas
A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa extensión de Ponteareas para dar a coñecer o que se está a realizar no centro, os métodos de ensinanza e os beneficios de estudar unha lingua estranxeira na escola e así atraer a novo alumnado e motivar a todas aquelas persoas que abandonaron os seus estudos por mor da pandemia. Todas as persoas interesadas en aprender inglés ou francés poderán participar na sesión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19.00 horas na sede da EOI no IES Val do Tea.
A sección da Escola Oficial de Idiomas de Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico de francés
A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que, neste curso escolar, a delegación da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico A1 no primeiro cuatrimestre e no segundo cuatrimestre o de nivel básico A2.
Ponteareas solicita a especialidade de francés para a Escola de Idiomas
A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, vén de trasladar á Dirección Xeral de Centros, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, a necesidade de incorporar a especialidade do idioma francés na oferta de estudos da delegación da Escola Oficial de Idiomas...