7.6 C
Pontevedra
Martes, 27 de Febreiro de 2024
Máis

    Tag: balonmán porriño

    Presentado o primeiro equipo do Balonmán Porriño feminino que comeza a súa tempada o vindeiro sábado

    O Balonmán Porriño presentou hoxe o seu equipo que xogará unha tempada máis na "Liga Guerreras Iberdrola" da División de Honra feminina que comezará o vindeiro sábado 19 de setembro.

    O Balonmán Porriño presenta a todos os seus equipos

    Todos os equipos do 'Balonmán Porriño' encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron hoxe no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios. O acto contou coa asistencia de Eva García, alcaldesa de Porriño; David Alonso, concelleiro de Deportes, Lourdes Moure, tenente de alcalde e Abel Estévez, tamén concelleiro e presidente do 'Balonmán Porriño'.

    LIBROS

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

    A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama.