13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: xustiza

    A xustiza pronúnciase a favor do Concello de Redondela no recurso interposto polo alumeado de Nadal

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absoluta irresponsabilidade” o intento do PP de desprestixiar ao goberno local facendo alegacións falsas sobre a contratación do alumeado de Nadal. Por unha banda, a alcaldesa denunciou o intento de boicot, o día do acendido, "mentindo nas redes sociais e nos medios ao dicir que o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia ordenou a suspensión do alumeado de nadal; por outra banda xustificaron estas afirmacións con información manipulada que difundiron de forma ilegal e sen contexto".

    O Tribunal Supremo da a razón á Xunta na obriga de exhibir o ‘pasaporte Covid’ en hostalaría e establecementos de lecer

    A Sección Cuarta da Sala do contencioso-administrativo autorizou a obrigación de exhibir o pasaporte Covid en determinados establecementos –lecer e restauración– de Galicia, acordado pola Xunta galega o pasado mes de agosto para reducir os contagios, ao considerar que a medida é idónea, necesaria e proporcionada. A Sala afirma que “o beneficio que proporciona a medida, respecto da redución significativa dos contagios, é moi superior ao sacrificio que comporta a esixencia de presentar a documentación para o acceso ao local.

    Carlos Font acusa ao PP do “uso intolerable da xustiza” logo dunha nova sentenza a favor da Deputación

    O deputado Carlos Font valorou hoxe positivamente a sentenza do Xulgado número 2 de Pontevedra, “unha máis” que dá a razón á Deputación de Pontevedra, que desestima “integramente” o recurso contencioso-administrativo que o anterior goberno municipal do PP de Redondela, presidido por Javier Bas, interpuxo contra a exclusión do proxecto municipal presentado ao abeiro do Plan provincial DepoRemse.

    Eva García de la Torre, absolta por segunda vez nun asunto relacionado coa súa profesión de avogada

    Eva García de la Torre coñeceu hoxe a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documento público no eido da súa profesión como avogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa do Porriño.

    O goberno de Salceda recorre á Xustiza para invalidar o voto dun concelleiro popular

    O goberno de Salceda de Caselas acordou onte iniciar accións xudiciais para invalidar o voto dun concelleiro do Partido Popular, na oposición municipal, e poder sacar adiante o a creación da praza por concurso de Tesoureiro habilitado nacional tal e como establece o Real Decreto 128/2018 de 16 de...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.