Tag: feira do libro
A Feira do Libro chega ao Porriño
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou onte na inauguración da Feira do Libro do Porriño, unha das 13 do circuíto de feiras do libro que celebra a Federación de Libreiros de Galicia co patrocinio da Xunta.
Tui acolle o sábado 21 a XXIII Feira do Libro Galego
O Concello de Tui retoma este sábado 21 de maio ás actividades previstas para o pasado martes, Día das Letras Galegas, coa celebración da feira do libro galego que chega neste ano a súa XXIII edición e que ocupará o céntrico Paseo da Corredoira.
A Feira do Libro de Ponteareas baixa o pano impoñéndose á calor
A Feira do Libro de Ponteareas baixou onte domingo o pano cun grande éxito de público, que se achegou á Praza Maior para gozar da ampla programación a pesar da vaga de calor dos últimos días. Concello e librarías fan un balance positivo desta quinta edición, que conseguiu aglutinar 22 presentacións e sinaturas de libros, máis da metade creados por autoras e autores ponteareáns.
Obradoiros, contacontos, actividades de animación e concursos agardarán ao público na Feira do Libro de Ponteareas
A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, ultima xa as actividades que complementarán a ampla programación da quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas, que se celebra do 15 ao 18 de xullo.
A Feira do Libro chega a Ponteareas
Ponteareas quenta motores para acoller a quinta edición da Feira do Libro que, do 15 ao 18 de xullo, encherá a Praza Maior de presentacións, sinaturas de libros, actuacións, concursos e actividades de animación á lectura.
Ponteareas prepárase para vivir unha Feira do Libro con alta presenza de autoras e autores do municipio e da comarca
Ponteareas converterase, a lo menos durante uns días, na capital do libro da provincia coa celebración da Feira do Libro que foi presentada, na mañá do xoves 1 de xullo, na Casa do Concello nun acto presidido pola alcaldesa, Cristina Fernández, acompañada por Victoria Alonso, deputada de Cultura; Fernando Groba, concelleiro de Cultura; Carlos Blanco, representante da Federación de Libreiros e Editores de Galicia e o ilustrador e caricaturista Pablo Prado –que o fixo a través de videoconferencia– que será o pregoeiro desta quinta edición da Feira do Libro de Ponteareas.
A Deputación referenca o seu apoio ao sector do libro participando nas catro feiras que se celebran este ano na provincia
Os libros volven saír a rúa na provincia de Pontevedra nas catro feiras que desde este vindeiro xoves e ata mediados de xullo celebraranse nos concellos do Porriño, Redondela, Vigo e Ponteareas. A Deputación, no marco do seu firme respaldo ao sector cultural, vai estar presente nestas catro mostras que, impulsadas pola Federación de Librarías de Galicia, teñen como principais obxectivos fomentar o hábito da lectura, dar visibilidade a autoras e autores da nosa escrita, promover o uso da lingua galega, e dinamizar o mercado editorial.
Ponteareas presenta a cuarta edición da súa Feira do Libro
Do xoves día 9 ao domingo día 12 a praza Maior acollerá ás escritoras e escritores de máis renome para asinar as súas obras