26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: o que arde

    Expectación en Mondariz pola proxección gratuíta de O que arde

    O Concello de Mondariz continúa esta tempada de outono co Cine na Rúa, que xa levou á Praza de Mondariz varios filmes durante os meses de verán. A primeira das proxeccións cinematográficas incluídas na programación cultural de outono 2020 é O que arde, o filme que puxo a Galicia no mapa, con numerosos premios internacionais, e que recentemente vén de ser preseleccionado como un dos tres candidatos a representar a España nos Oscar.

    O actor Amador Rivas presenta en Ponteareas ‘O que arde’ dirixido por Oliver Laxe

    O Concello de Ponteareas programa unha nova sesión de 'Cine na rúa' para este xoves día 13 ás 22 horas na Feira Vella. O actor Amador Arias presentará o filme 'O que arde' do director Oliver Laxe e premio do xurado no afamado festival de Cannes. Santiago Fillol e Oliver Laxe guionizan este drama protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez.

    «O que arde» de Oliver Laxe abre a programación cultural do primeiro semestre do 2020 en Tui

    A película 'O Que Arde' dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor Actriz Revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21:30 h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.