Tag: camiño portugués
A Xunta arranca en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o ano 2021 coa iluminación da Catedral no marco da campaña ‘Acende o Xacobeo’
A Xunta de Galicia arrancou onte á noite en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o Ano Santo 2021 coa iluminación da Catedral de Santa María no marco da campaña Acende o Xacobeo, que chegará a 93 edificios e monumentos destacados de Galicia e doutras dez comunidades autónomas colaboradoras durante os derradeiros dez días do ano.
Mos pon en marcha o proxecto ‘Mos Peregrino’, un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade
Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.
“Tui, Capital do Camiño Portugués” nova guía da ruta xacobea ao seu paso polo municipio tudense
“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Trátase dunha guía visual realizada polo artista local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.
A Xunta, Oia, Asociación Finca Moreiras e Civis Global, impulsan o Camiño Portugués
A construtora viguesa Civis Global, colabora co Concello de Oia e Xacobeo XXI no roteiro do Camiño Portugués, cunha expedición de 100 persoas que percorren con cabalos de pura raza galega os 124 quilómetros que separan o Mosteiro de Oia da catedral de Santiago de Compostela.
Os comerciantes de Tui e Milladoiro únense na promoción do Camiño Portugués
A asociación de comerciantes de Tui, ACITUI, e de Milladoiro, Palmira Bulevar, suman sinerxías para promocionar o Camiño Portugués a Santiago ao ser a primeira localidade en Galicia desta ruta xacobea, e a derradeira antes de chegar a Santiago, respectivamente.
«Cantares do Camiño» achega a Redondela, o domingo 18, a tradición oral e musical do Camiño Portugués a Santiago
O Multiúsos da Xunqueira será escenario, este vindeiro domingo, 18 de outubro ás 18 da iniciativa «Cantares do Camiño» que pon en valor a tradición oral e musical do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. A actividade é totalmente gratuíta, porén, debido as medidas de seguridade sanitaria impostas pola Covid-19, será preciso reservar praza no enderezo normalizacion@redondela.gal.
O Concerto “Cantares. Tradición oral no Camiño Portugués” chega este sábado a Tui
A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui.
Os peregrinos do Camiño Portugués homenaxéan ás víctimas da Covid-19
A mochila da luz, que chegou ao Pazo de Mos, portada por Milucha e que foi recibida polo tenente alcalde, Camilo Augusto e pola concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; saíu o día 10 de xullo de Porto coa bendición da mochila na catedral.
O cárcere vello de Tui converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes
O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes. A empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., adxudicataria do concurso de 'Redacción do proxecto de acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago' presentou onte venres o proxecto no Concello.
«Camiño A Dentro» completa a súa posta en valor do Camiño Portugués con un catalogo de todas as accións artísticas
O proxecto 'Camiño a dentro', promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa 'O teu Xacobeo', pechouse esta mañá no Palacete de las Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, coa presentación dun catálogo e un vídeo-resumo de todas as accións enmarcadas nesta iniciativa.
Peregrinos xacobeos na cidade de Tui
A inmediata
celebración no ano 2021 dun novo ano xubilar compostelán e a súa
secuela dun novo Xacobeo así como o crecente número de peregrinos
que, dia a día, percorren o Camiño Portugués a Santiago de
Compostela, nos concede unha idónea oportunidade para, ao longo de
varias entregas, dedicar os artigo desta sección de...