A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño convocou, este pasado domingo ás 12:30 horas, na praza de Santa María de Tebra, a toda a veciñanza para intentar darlle as máximas faciidades achegándose ás parroquias.
Con esta intención queren informar á cidadanía cómo avanza a situación da sanidade pública en Tomiño, referido ao Centro de Saúde e ao consultorio médico de Goián.
Así mesmo, houbo dispostas dúas mesas para recoller sinaturas de apoio as distintas reinvindicacións da plataforma en representación de todos os veciños. Os números de participación cidadá foron moi interesantes, máis de cento vintecinco persoas achegáronse a asinar e a escoitar.
O acto abriuno Violeta de Santiago, que é membro da plataforma, seguido de Conchi Millán de Tebra, con múltiples problemas de saúde e tamén membro da plataforma, acompañados polo doutor Jesús Araújo Nores, o cal está axudando á plataforma, ao que se lle agradece enormemente a súa presenza e colaboración. Así mesmo, tamén contouse coa presenza do delegado do goberno da Zona Franca de Vigo, David Regades.
O peche do acto realizouno Violeta, anunciando que a plataforma estará no mercado de Tomiño o vindeiro mércores 25 de agosto coas mesas de sinaturas. Ademáis, esas mesas de sinaturas tamén poderán atoparse o próximo domingo na parroquia de Sobrada.