A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou, o pasado luns 27 de setembro por rexistro na Xunta de Galicia –concretamente na Consellería de Sanidade– mais de tres mil firmas da cidadanía tomiñesa para esixir ao Sergas unha Sanidade Pública e de calidade para veciñanza.
As reinvindicacións solicitadas pola plataforma, entre outras, son a esixencia de cita presencial de mañá e tarde, mais médicos e enfermeiros, apoio aos persoal administrativo, substitucións das baixas e vacacións, servicio de Urxencias e ambulancia medicalizada, e a reapertura inmendiata do centro periférico de Goián. Nese punto a Plataforma aclara que “da igual a sua ubicación sempre que sexa en Goián”.
Neste período de loita pola sanidade pública, a Plataforma achegouse ata distintas parroquias de Tomiño para presentarse, explicar o seu cometido e recoller firmas; ao mesmo tempo tamén participou en diferentes actos organizados por outras plataformas para, coa súa presenza, ratificar o apoio ás súas demandas.
A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño estivo tamén presente en Vigo na rolda de prensa convocada pola xunta de persoal da área de Vigo para organizar e anunciar a convocatoria da manifestación que se celebrou o pasado día 30 na que tamén estivo presente a Plataforma tomiñesa, ao igual que o estará na manifestación convocada a nivel galego por S.O.S Sanidade e que terá lugar o vindeiro 14 de novembro en Santiago de Compostela.
A Plataforma, por último, quere trasladar o seu apoio aos traballadores e traballadoras da Sanidade Pública Galega ao mesmo tempo que esixen da Xunta de Galicia e, especialmente, da Consellería de Sanidade, “que non xogue coa saúde dos galegos e galegas e que tome as decisións en beneficio de todas e todos”.
Agardamos a Plataforma tomiñesa “con moitas ganas” a reunión solicitada do conselleiro de Sanidade, reunión solicitada hai semanas, para mostrarlle de primeira man as inquedanzas e necesidades da Cidadanía de Tomiño.
Teñen tamén palabras de agradecemento a todas as empresas, veciños e veciñas, asociacións, farmacias, asociación de veciños, comercios, bares, parafarmacia, comunidade de montes, empresas de publicidade e serigrafía, e a Mancomunidade polo apoio que que están a dar a Plataforma.