14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: atención primaria

    Cristina Fernández, “a Atención Primaria é competencia exclusiva da Xunta de Galicia”

    A preocupación cidadá ante o desmantelamento paulatino e sistemático do sistema de sanidade pública e a conseguinte desprotección na Atención Primaria é evidente. A medida que nos afastamos dos grandes núcleos urbanos e entramos na Galicia rural, esa preocupación transfórmase en algo máis parecido á crispación ao mirar como o dereito á sanidade digna, recoñecido pola propia Constitución, e vulnerado de xeito continuado.

    Afluencia masiva na concentración contra o desmantelamento da atención primaria no Rosal

    Gran resposta da veciñanza contra o desmantelamento da atención primaria no Rosal. O pasado venres máis de 700 persoas se concentraron diante do Centro de Saúde rosaleiro para manifestar o seu malestar ante a situación que está a vivir o municipio.

    Tomiño, un clamor en defensa da Atención Primaria de calidade

    Centenares de persoas saíron saíron o mércores 26 de xaneiro a rúa en Tomiño para denunciar a grave situación da atención primaria no concello e en toda a comarca. A alcaldesa, Sandra González, reclamou “solucións urxentes para unha situación crítica que pon en risco a saúde de todos e de todas”. A atención primaria en Tomiño e no Baixo Miño padece unha carencia de persoal sanitario que case limita a atención ás urxencias.

    O Pleno de Ponteareas aproba por unanimidade as propostas do BNG para mellorar a sanidade pública

    O Pleno de Ponteareas aprobou por unanimidade a batería de iniciativas presentada polo BNG para “garantir unha atención sanitaria digna ante o colapso da Atención Primaria, con cadros de persoal insuficientes para atender as necesidades sanitarias da poboación”.

    Leticia Gallego urxe ao Sergas a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de vigo coa actividade restrinxida

    A deputada socialista Leticia Gallego e o voceiro de Sanidade, Julio Torrado, veñen de demandar á Xunta, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento, a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de Vigo coa actividade restrinxida.

    Ponteareas reclama á Xunta solucións para a crítica situación do Centro de Saúde e o PAC da vila

    O Concello de Ponteareas, a través da súa alcaldesa e concelleira de Sanidade, Cristina Fernández Davila, reclama á Xunta a solución “da situación crítica e caótica que están a sufrir no Centro de Saúde e no PAC dende fai un meses”.

    O Concello denuncia a precaria situación da atención primaria en Ponteareas

    O Concello denuncia a precaria situación que está a vivir a atención primaria en Ponteareas, que conta con importantes carencias que están a xerar numerosos problemas á veciñanza ponteareá e que poder chegar a afectar á súa saúde.

    Arredor de 450 persoas concentráronse no Rosal para denunciar a precaria situación da atención primaria

    Arredor de 450 persoas se achegaron o pasado mércores 8 á Praza do Calvario do Rosal para secundar e participar na concentración convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal e polo Concello.

    O goberno guardés apoia a manifestación en favor da atención primaria na sanidade

    Dende fai anos o goberno municipal da Guarda ven reclamando á Xunta de Galicia, por distintas canles, a mellora da atención primaria para a localidade. A situación da sanidade na Guarda, lonxe de mellorar, estase convertendo nun problema crónico ao que os responsables do SERGAS non dan solución.

    A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presenta máis de 3.000 firmas en demanda dunha asistencia sanitaria digna

    A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou, o pasado luns 27 de setembro por rexistro na Xunta de Galicia –concretamente na Consellería de Sanidade– mais de tres mil firmas da cidadanía tomiñesa para esixir ao Sergas unha Sanidade Pública e de calidade para veciñanza.

    A Xunta de Galicia segue evitando afrontar os problemas sanitarios da Guarda

    Nun clima de crispación xeneralizado da cidadanía ante un evidente deterioro da Atención Primaria, puidera puidera parecer que A Guarda non é máis que outro municipio que se suma ás reclamacións, tan xustas como necesarias, de unha sanidade digna para a súa veciñanza. Pero, se se analiza con máis detemento, chégase á conclusión que o municipio ten unhas características particulares, determinadas pola súa propia situación xeográfica, que fan moito máis evidentes esas carencias sanitarias e, como consecuencia, moito máis perigosas.

    Redondela denuncia a falta de persoal no Centro de Saúde e o deterioro da atención primaria

    O Concello de Redondela vén de esixir ao Sergas que poña fin ao deterioro que sufre a Atención Primaria no municipio como consecuencia da paulatina diminución de persoal médico no Centro de Saúde de Redondela.

    O Rosal denuncia a imposibilidade de pedir cita médica, un novo paso no desmantelamento do servizo de Atención Primaria

    O Rosal continúa a denunciar novos pasos que afondan na precariedade que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio, que sufre un progresivo desmantelamento dende hai tempo agravado dende o inicio da actual situación sanitaria. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública asegura que nestes intres é imposible pedir cita médica para acudir ao centro de saúde rosaleiro, xa que Sergas e Xunta non están a substituír ao persoal de baixa ou de vacacións.

    O Rosal, un clamor en defensa do servizo de Atención Primaria

    Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza do Calvario do Rosal para denunciar, unha vez máis, as carencias do servizo de Atención Primaria que está a sufrir municipio dende hai tempo e pedir que se lle poña freo ao progresivo desmantelamento.

    O Rosal manifestarase novamente para denunciar “o desmantelamento” do servizo de Atención Primaria

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.

    Nova mobilización na Guarda para esixir máis persoal sanitario

    A vila da Guarda asiste nos últimos meses ao progresivo deterioro dos seus servizos sanitarios. Son varios centos de persoas, actualmente 4 cupos de doentes, as que non teñen un médico de Atención Primaria.

    A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia un paso máis no deterioro do servizo de Atención Primaria

    A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas instalacións.

    Ánxela Fernández traslada ao conselleiro de Sanidade as necesidades de Atención Primaria do Rosal

    A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, mantivo unha reunión telemática co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, para abordar as necesidades de Atención Primaria do municipio. Un encontro que transcorreu nun ambiente de cordialidade e que responde á petición reiterada feita dende o Concello e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal, constituída por corporación municipal, asociacións e persoal sanitario, para frear o deterioro progresivo da atención sanitaria

    Nigrán presentará unha moción esixindo á Consellería de Sanidade un cambio urxente no sistema de Atención Primaria

    O goberno de Nigrán presentará no vindeiro pleno ordinario de novembro unha moción elaborada pola plataforma SOS Sanidade Pública na que se alerta á Xunta da necesidade de reforzar a Atención Primaria e de cambiar o actual sistema de consulta telefónica. Por este motivo, o alcalde, Juan González, e o edil de Seguridade, Rubén Rial, mantiveron esta mañá un encontro con Jesús Araujo Nores, membro de SOS Sanidade Pública e da Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).

    EU do Porriño convoca unha nova concentración para reclamar unha sanidade digna

    Un xoves, EU Son do Porriño vén de convocar unha concentración en defensa da Atención Primaria, concentracións que desenvolve a formación asemblearia dende hai xa tres anos. Esta vez será o xoves 29 de outubro ás 20 horas diante do Centro de Saúde, en reclamación da atención presencial e baixo o lema "a atención primaria non é atención telefónica".

    Luís Bará critica a “desfeita” da Xunta en Atención Primaria e reclama asistencia sanitaria “ben dotada de recursos e profesionais” para o rural

    O cabeza de lista do BNG na provincia de Pontevedra de cara ás eleccións do 12X, Luís Bará, criticou hoxe a “desfeita” da Xunta na Atención Primaria e reclamou unha asistencia sanitaria ben dotada de medios e profesionais especialmente para o rural galego. O nacionalista realizou estas declaracións logo dun encontro con veciñas e veciños de A Cañiza puxeron de manifesto a situación “calamitosa” que viven no concello, xa que carecen dende hai meses de médico de familia propio para o centro de saúde de Valeixe e máis recentemente de pediatra en A Cañiza.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.