13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: plataforma en defensa da sanidade pública

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado convoca unha nova concentración en Ponteareas o 17 de setembro

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta convoca a unha nova concentración o vindeiro sábado 17 de setembro na Praza Maior de Ponteareas ás 20 h. Na concentración farase a presentación da ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) en defensa da sanidade pública que foi preparada polos distintos colectivos agrupados na plataforma SOS Sanidade Pública. Así mesmo, no transcurso da concentración tamén se procederá á recollida de sinaturas en apoio de dita ILP.

    Nova mobilización en Mondariz organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade do Condado e A Paradanta

    O vindeiro xoves 17 de febreiro a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta volverá mobilizarse. Desta volta a concentración será diante do Centro de Saúde ás 20 h. Cómpre destacar que Mondariz foi o primeiro Concello das comarcas de O Condado e A Paradanta onde se realizaron mobilizacións en defensa da sanidade pública.

    Concentración en Ponteareas en defensa da sanidade pública

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado, que se amplía á comarca da Paradanta despois da incorporación de membros de Covelo e de Arbo, convoca a unha nova concentración diante do centro de saúde de Ponteareas este xoves 27 de xaneiro ás 20 h.

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado chama, nun acto público, a participar na manifestación do 14N

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado celebrou este sábado 6 de novembro un acto público no que interveu o portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín. Logo da presentación do acto a cargo do portavoz da Plataforma do Condado, Xurxo Porritt, seguiu a intervención do doutor Manuel Martín ao longo da cal denunciou as políticas destrutoras da sanidade pública practicadas pola Xunta de Galicia.

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda pide unha reunión co conselleiro de Sanidade

    Diante das noticias que apuntan á construción dun hipotético Centro Integral de Saúde (CIS) para A Guarda, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda solicitou unha reunión co Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

    A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presenta máis de 3.000 firmas en demanda dunha asistencia sanitaria digna

    A Plataforma Veciñal en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou, o pasado luns 27 de setembro por rexistro na Xunta de Galicia –concretamente na Consellería de Sanidade– mais de tres mil firmas da cidadanía tomiñesa para esixir ao Sergas unha Sanidade Pública e de calidade para veciñanza.

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño solicita unha xuntanza co conselleiro de Sanidade

    A Plataforma en defensa da Sanidade Pública de Tomiño presentou onte, no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, escrito dirixido ao conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, solicitando unha xuntanza de traballo para poñer no seu coñecenento, de maneira directa, as eivas e deficiencias que afectan e danan gravemente o benestar e a saúde dos cidadáns Tomiñeses.

    Ponteareas, un clamor en defensa da sanidade pública

    Preto dun milleiro de veciñas e veciños do conxunto da comarca manifestáronse na tarde deste mércores polas rúas da vila, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado para reclamar unha atención sanitaria digna. Esta manifestación, que saíu da Praza Maior de Ponteareas e rematou ante o Centro de Saúde, forma parte da resposta veciñal ante a degradación da sanidade pública por parte do goberno da Xunta.

    Nace a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Ponteareas

    Ponteareas, ao igual que os municipios que ven como día a día deteriórase a súa asistencia primaria, conta xa cunha Plataforma en defensa da sanidade pública. E a resposta á continua degradación e empeoramento do servizo de atención primaria no Centro de Saúde do municipio. Defíneses como "plural, apartidista e representativa" e cun obxectivo claro e preciso: "reinvindicar máis medios materiais e sobre todo humanos, para que a veciñanza de Ponteareas poida recibir un servizo asistencial de calidade".

    Máis de catrocentas persoas reclaman en Tomiño unha Asistencia Primaria digna

    Máis de 400 persoas reclamaron, este sábado 7 de agosto en Tomiño e respondendo a un chamamento da Plataforma en defensa da sanidade Pública de Tomiño, mais médicos, mais administrativos e a reapertura do consultorio médico de Goián, en suma, unha Asistencia Sanitaria Digna da que se ven privadas moitas localidades e que é especialmente sangrante no Baixo Miño.

    O Rosal denuncia a imposibilidade de pedir cita médica, un novo paso no desmantelamento do servizo de Atención Primaria

    O Rosal continúa a denunciar novos pasos que afondan na precariedade que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio, que sufre un progresivo desmantelamento dende hai tempo agravado dende o inicio da actual situación sanitaria. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública asegura que nestes intres é imposible pedir cita médica para acudir ao centro de saúde rosaleiro, xa que Sergas e Xunta non están a substituír ao persoal de baixa ou de vacacións.

    Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, a resposta a un clamor popular por unha atención sanitaria digna

    Logo do pasado luns, luns negro no Centro de Saúde de Tomiño, veciños e veciñas de Tomiño decidiron dicir "basta", organizarse e loitar pola sanidade pública no concello tomiñés, dar un paso adiante para acadar o que por xustiza lles corresponde: unha sanidade pública digna.

    O Rosal, un clamor en defensa do servizo de Atención Primaria

    Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza do Calvario do Rosal para denunciar, unha vez máis, as carencias do servizo de Atención Primaria que está a sufrir municipio dende hai tempo e pedir que se lle poña freo ao progresivo desmantelamento.

    O Rosal manifestarase novamente para denunciar “o desmantelamento” do servizo de Atención Primaria

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a unha nova concentración o 21 de abril

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á participación de toda a veciñanza nunha concentración que se realizará o próximo mércores 21 de abril ás 20 horas na Praza Avelino Vicente da Guarda. Esta concentación forma parte das que as distintas plataformas integradas en SOS sanidade pública realizarán en distintas vilas e cidades galegas "para esixir da Xunta de Galiza a recuperación do sistema sanitario público galego trala pandemia da COVID-19".

    A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia o deterioro acelerado do servizo de atención primaria no municipio

    A Plataforma para a defensa da Sanidade Pública do Rosal creouse para loitar contra o deterioro progresivo que desde hai anos está a sufrir o servizo de atención primaria no Rosal, consistente, entre outras eivas, na deficiente dotación de persoal sanitario, que se agravaba ao non cubrir o Sergas as vacacións do persoal ou as baixas médicas.

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda segue denunciando o deterioro “dun servizo público esencial para a cidadanía”

    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de chamar a atención, unha vez máis, polas deficiencias que, dende hai meses padece o Centro de Saúde da Guarda que, dun cadro de persoal de 8 médicos e médicas, na actualidade "dispón soamente de catro e ás veces menos". A situación que asegura a plataforma, "nunca pode ser aceptable" transfórmase neste momento de pandemia do coronavirus "nunha auténtica irresponsabilidade por parte das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia".

    Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Centro de Saúde do Rosal

    A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia a precaria situación na que se atopa o centro de saúde do concello, a falta de persoal e o consecuente deterioro da atención sanitaria, xa que na actualidade a demora nas citas de atención primaria están a ser dunha media de 20 días.

    O Rosal chama á veciñanza á creación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

    "Logo do deterioro progresivo dos servizos sanitarios de atención primaria no municipio", o Concello do Rosal vén de a todo o asociacionismo, partidos políticos, sindicatos, persoal sanitario, Comunidades de Montes, Comunidades de Augas e veciñanza en xeral a participar este venres 6 de marzo na creación dunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que teña como obxectivos “denunciar as carencias de atención primaria e reivindicar os servizos sanitarios que nos corresponden”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.