11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retoma a súa actividade...

    A piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retoma a súa actividade con normalidade

    Está a pleno rendemento, coa programación de actividades que ofertaba antes da COVID-19 pero mantendo todas as medidas de seguridade

    Despois de ano e medio pechada ou con actividade restrinxida por mor da COVID-19, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retomou xa a súa actividade habitual con normalidade. Ademais de acceder aos baños libres, como se viña mantendo dende o pasado mes de maio, agora as persoas interesadas poderán acceder tamén ás clases temáticas en todos os niveis.

    Deste xeito a piscina xa ten activa toda a programación de actividades que ofertaba antes da pandemia, aínda que mantendo todas as medidas de seguridade e hixiene. O horario de funcionamento será de 07.30 a 21.00 horas de luns a venres e de 09.00 a 19.00 horas os sábados.

    O proceso de reapertura das instalacións foi progresivo para garantir a seguridade de toda a veciñanza. As persoas interesadas en regresar á piscina ou en inscribirse por primeira vez poden facelo chamando ao teléfono +351 251 708 025 ou dirixíndose directamente ao punto de atención da piscina, onde poderá informarse tamén de todas as actividades e horarios.

    A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifesta a súa satisfacción pola volta á normalidade nas piscina de Cerveira, á que acoden moitos tomiñeses, e fai un chamamento a cumprir todas as normas estipuladas para o uso e desfrute das instalacións. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.