11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaOs socialistas levan o acceso sur do porto da Guarda ao Parlamento...

    Os socialistas levan o acceso sur do porto da Guarda ao Parlamento de Galicia

    A instancia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Grupo Parlamentario Socialista presenta unha proposición non de lei para tratar do acceso sur ao porto da Guarda no Parlamento de Galicia

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na zona portuaria da localidade á deputada Leticia Gallego, para anunciar a presentación da iniciativa parlamentaria que vai a defender a construción dunha infraestrutura fundamental para o futuro da vila e do seu porto, un novo acceso sur ao porto da Guarda.

    A necesidade de mellorar a comunicación do porto xa ven de vello. No ano 1993 o PXOM xa contemplaba un novo acceso ao porto da Guarda por considerar estratéxica a mellora da comunicación co porto pesqueiro, ao ser este, un dos motores económicos da localidade.

    A rúa Concepción Arenal foi construída como principal acceso ao porto a mediados do século XX. O crecemento urbanístico arredor desta rúa converteu este acceso nunha vía urbana. Así o PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible) da Guarda, redactado en 2017, recomendaba unha intervención na rúa Concepción Arenal orientada a un modelo de mobilidade sostible e segura, e vinculaba esta actuación coa execución dun novo acceso ao porto da Guarda. No plan ambas actuacións considéranse chaves para un cambio de modelo urbano. No mesmo ano 2017 o alcalde da Guarda solicita a redacción do proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda á Deputación de Pontevedra e no 2018 comezan as obras de humanización de Concepción Arenal.

    No ano 2018 a Deputación de Pontevedra redacta o proxecto de construción dun novo acceso ao porto da Guarda e da comezo a súa tramitación para obter os informes sectoriais necesarios para a súa execución.

    Dende 2017, Antonio Lomba ten mantido distintas reunións con responsables da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, da Consellería de Pesca e de Portos de Galicia para pedir apoio e financiamento para esta infraestrutura, buscando conseguir un compromiso firme dos responsables da Xunta de Galicia.

    Cabe destacar que en 2019 xurde na Guarda un movemento civil apoiado polas asociacións empresariais, culturais, deportivas e sociais, e polo propio concello, que ten como obxectivo potenciar o uso do porto, tanto para actividades profesionais como naútico deportivas, para que actúe como motor económico na localidade. As reclamacións do colectivo pretenden conseguir que se poida usar o porto durante todo o ano de forma segura e dotalo de servizos, infraestruturas de atraque e, por suposto, dun novo acceso para calquera tipo de vehículo, sobre todo vehículos pesados. Este colectivo, encabezado polo alcalde, xa lle trasladou as súas demandas á Conselleira de Pesca e a Presidenta de Portos de Galicia.

    O alcalde da Guarda considera esta infraestrutura vital para o futuro da localidade e por iso non escatimará esforzos para conseguir que esta demanda, que conta co apoio de toda a sociedade guardesa, chegue a bo porto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.