13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: porto

    A Deputación manifesta o seu apoio ao proxecto do acceso sur do porto da Guarda

    A Deputación de Pontevedra expresou hoxe o seu apoio ao Concello da Guarda no proxecto da variante do acceso sur do Porto como o mellor trazado posible para unha obra clave no desenvolvemento da vila do Baixo Miño.

    Concello e Deputación seguen traballando para facer realidade o acceso sur do porto da Guarda

    O proxecto do acceso sur do porto da Guarda foi redactado pola Deputación, a solicitude do alcalde, Antonio Lomba, no ano 2018. A propia administración provincial está a facerse cargo da tramitación diante dos diferentes organismos para a obtención dos informes sectoriais necesarios para poder executar a obra.

    O grupo socialista lamenta o veto da Xunta á contrución do acceso sur ao porto da Guarda

    A deputada socialista por Pontevedra, Leticia Gallego, vén de lamentar o veto da Xunta de Galicia á construción do acceso sur ao Porto da Guarda. Fíxoo, hoxe, trala presentación dunha pregunta á presidenta de Portos de Galicia, quen confirmou que o goberno galego non desenvolverá un proxecto “fundamental” para o desenvolvemento económico do municipio.

    Os socialistas levan o acceso sur do porto da Guarda ao Parlamento de Galicia

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibe na zona portuaria da localidade a deputada Leticia Gallego, para anunciar a presentación da iniciativa parlamentaria que vai a defender a construción dunha infraestrutura fundamental para o futuro da vila e do seu porto, un novo acceso sur ao porto da Guarda.

    A Guarda segue a reclamar un futuro para o seu porto

    O antigo local da confraría de pescadores da Guarda acolleu, este pasado venres 24 de xaneiro, unha reunión informativa na que estaban presentes todas as asociacións que reclaman un futuro para o porto guardés. O alcalde Antonio Lomba e os membros da Comisión de Seguimento –Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU e Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o pasado 15 de xaneiro, coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a presidenta de Portos, Susana Lenguas.

    A Guarda pide á Consellería do Mar un futuro para o seu porto

    O mércores 15 de xaneiro do 2020 representantes das asociacións guardesas, ORPAGU, Piueiro, Alagua e Confraría de Pescadores, encabezados polo alcalde, Antonio Lomba, mantiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para trasladarlle as demandas da cidadanía guardesa, en relación ao futuro do porto, expresadas a través das súas asociacións.

    A Guarda reclama un acceso sur ao Porto da Guarda

    O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e saída ao...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.