21.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda investirá 48.000 € na mellora da Zona infantil...

    O Concello da Guarda investirá 48.000 € na mellora da Zona infantil e deportiva da Portela en Salcidos

    Esta actuación obedece ao recollido no Proxecto redactado polo Concello da Guarda no mes de decembro de 2021.

    O Concello da Guarda conta cun proxecto de Reforma e mellora da zona infantil e deportiva da Portela, no barrio de Salcidos. Esta obra, que contará cun investimento de 48.000 euros, será executada en próximas datas con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra.

    As instalacións infantís, que están emprazadas na Portela en Salcidos, datan do ano 2008 e contan cun pequeno parque infantil e unha pista polideportiva que, debido ao seu intenso uso e ao tempo transcorrido e a pesares das pequenas intervencións de mantemento realizadas na mesma, precisa desta volta unha actuación integral no seu conxunto, nos elementos de xogo, así como na substitución do peche perimetral.

    En canto á pista polideportiva, as actuacións inclúen o cambio do céspede artificial da cancha, a substitución das madeiras en mal estado da estrutura da pista e o seu pintado, así como o cambio da rexa circundante e pintado de todo o espazo, o perímetro da cancha e substitución das canastas de baloncesto. Tamén se contempla nesta intervención en Salcidos a substitución da rede parabalóns e a reforma da súa estrutura.

    Por outra banda, tamén se prevé o acondicionamento do acceso ás instalacións cun novo pavimentado en formigón pintado, que substituiráao actual de asfalto e que se atopa en malas condicións.

    Estas actuacións na Portela en Salcidos, forman parte das diferentes actuacións que se están a acometer por parte do Concello da Guarda en parques infantís e zonas deportivas de todo o municipio, coma as xa realizadas en Laxe Grande ou na zona deportiva do Codesal en Camposancos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.