Tag: belén
Baiona entrega os Diplomas do Certame de Micro-beléns e belén familiar
O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o sábado 7 de xaneiro ás 12:00 h o acto de entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do Certame de Micro-beléns e do Belén familiar en domicilio particular organizado pola Asociación de Empresarios Coemsa de Sabarís en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.
Roteiro polos beléns familiares de Baiona o vindeiro xoves 29 de decembro
Chega o Nadal e con ela veñen todas as decoracións típicas destas festas familiares e un dos plans que máis gusta nesta época é visitar os diferentes beléns que están repartidos ao longo e ancho da localidade.
Gondomar inaugura o tradicional belén artesanal en movemento
Hoxe sábado, ás 18.30 horas, abrirá as súas portas na Casa da Cultura o Belén artesanal en movemento de Gondomar, que este ano inclúe algo máis de 150 pezas en movemento e ocupa máis 50 metros.
O Belén de Generoso Cadilla seduce á veciñanza da Guarda e a visitantes
O Porto da Guarda ten nestas datas un atractivo máis grazas o veciño Generoso Cadilla, que ano a ano instala un Belén artesanal nos baixos da súa casa no nº 48 da Rúa do Porto. O pasado xoves día 2 de xaneiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, visitaron este Belén, dando os parabéns a Generoso Cadilla por tan admirable traballo.
O Belén de Rosa e Fernando, 24 anos de tradición do Nadal de Nigrán
O Nadal faise notar nunha casa de Nigrán cun gran belén. De entre os moitos beléns que se poden visitar estes días na comarca do Val Miñor, chama a atención o da parroquia de San Pedro da Ramallosa, na rúa do Gobernador. Dende hai 24 anos, Rosa e Fernando abren as súas portas para que veciñanza e visitantes poidan gozar dun fermosísnimo Belén