9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: o camiño aguárdate

    Charla coloquio na Guarda sobre o Camiño de Santiago e as súas oportunidades no desenvolvemento local

    O vindeiro venres día 13 de febreiro ás 20:00 h a Casa dos Alonso acolle unha charla-coloquio enmarcada nas actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello da Guarda participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

    Medio cento de persoas participan na Guarda na andaina e reforestación de «O Camiño Aguárdate»

    A pasada fin de semana realizouse na Guarda a primeira das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e na que participaron máis de 50 persoas, tanto a veciños da Guarda, como da contorna, que fixeron un roteiro polo Camiño Portugués da Costa e plantaron especies autóctonas en terreos da Comunidade de Montes de Camposancos.

    A Guarda aposta pola reforestación do Camiño de Santiago con especies autóctonas

    O Concello da Guarda desenvolverá unhas xornadas medioambientais, ao abeiro do programa 'O Camiño Aguárdate' presentado hai uns días, nas que amais dunha andaina, inclúese unha actividade de reforestación en colaboración A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

    A Guarda aposta pola dinamización e posta en valor do Camiño Portugués pola Costa

    O Concello da Guarda acolleu este pasado mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.