4.5 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Novembro de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCaminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o...

    Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o ‘I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño’

    A Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o que será a primeira edición do ‘Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño’, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.

    O evento terá dous espazos diferenciados, en Caminha na Praza do Conselleiro Silva Torres e na Guarda na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outras accións programadas nesta primeira edición.

    Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente, todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes.

    O evento conta coa organización da Camara Municipal de Caminha, do Concello da Guarda, da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital Caminh@2000.

    O evento terá inicio na tarde do venres 21 en horario de 20:00 h a 22:00 h(ESP) e continuará na xornada do sábado 22 en horario de mañá de 11:00 h a 14:00 h e pola tarde de 18:30 h a 21:30 h (ESP).

    Praza Avelino Vicente (As de Copas), A Guarda

    • VENRES 21, 20:00 h. a 22 h
      • – 20:00 horas: Inicio do evento coas personalidades políticas e os técnicos de cultura dos respectivos concellos participantes.
      • – 20:45-21:25 horas: Inauguración do evento con Aser Álvarez González. Director de Arraianos Producións. Presentación da publicación Galicia Rural, un proxecto documental multimedia elaborado en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que propón ideas para unha reflexión sobre a realidade, os desafíos e as posibilidades de futuro do mundo rural galego.
      • – 21:25-21:55 horas: Carvalho Calero sem fronteiras. Unha viaxe audiovisual pola vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero através dun recital poético e musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Producido por Arraianos Producións.
      • – 22:00 horas: Peche do venres.
    • SÁBADO 22, 11:00 h a 14:00 h e de 18:30 h a 21:30 h
      • – 11:00horas: Apertura do sábado.
      • – 11:05-11:55 horas: ContaContos con Marisol Diz, bibliotecaria de A Guarda e Liliana Geraldes , a cal presentará o seu libro infantil Clara e a illa de plástico
      • – 12:00-12:40 horas: Ricardo Vicente(Infogauda) e Luís Almeida(promotor do evento e director de Caminha 2000). Luis Almeida falará sobre os seus 20 anos a fronte da súa empresa e da Comunicación rexional.
      • – 12:45-13:15 horas: Puri Ameixide, “O paso do Miño en 1809: Historia e Literatura á lúz da lúa”. Puri Ameixide é profesora de lingua e literatura galegas no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, e autora das novelas Nada se esquece (Redelibros, 2013) e Claro de Lúa (Xerais, 2018). Claro de lúa transcorre no Baixo Miño a comezos do XIX, cando o paso do Miño polas tropas napoleónicas camiño do Porto, aportando unha visión desta guerra moi diferente da chamada “Guerra da Independencia”.
      • – 13:15-13:45 horas: Actuación musical. Academia de Música Fernández Fao
      • – 14:00 horas: Peche da mañá do sábado.
      • – 18:30 horas : Apertura pola tarde.
      • – 19:15 -19:45 horas: O Rosal estará representado polo autor Praxíteles. Coñecido xa pola súa obra Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980) e que fará un percorrido a través das súas obras.
      • – 20:00-20:30 horas: O historiador local guardés Miguel Villa, escritor de numerosos libros sobre a Sociedade Pro Monte ou as Casas Indianas, falaranos desta vez sobre os temas históricos abordados nos seus libros.
      • – 20:45-21:15 horas: Recital de poesía a cargo de Krisalida, poeta portuguesa da Ribeira do Miño.
      • – 21:30 horas: Peche do evento.

    Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha

    • SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO
      • 15H00 – ABERTURA DA FEIRA
      • 15H30 – 100 anos – José Correia |Aniversário de um artesão do concelho de Caminha
      • apresentação do vídeo do José Correia – Caminha2000
      • 18H00 – ABERTURA OFICIAL [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]
        • Presidente da Câmara Municipal de Caminha
        • Alcalde do Concello de A Guarda
        • Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
        • Luís Almeida, Diretor do Jornal Caminha2000
      • 22H00 – RECITAL DE MÚSICA | ACADEMIA DE MÚSICA FERNANDES FÃO
      • [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]
      • – APRESENTAÇÃO DO LIVRO “PEIXES DO RIO MINHO – RECEITAS COM HISTÓRIA”, de João Guterres
      • Moderador: Paulo Torres Bento, Historiador
    • SÁBADO 22 AGOSTO
      • 16H00 – “O MUNDO ENCANTADO DOS LIVROS” – Hora do Conto através de um livro de Joana Estima C. da Rocha | Porta de Cena
      • [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]
      • 18H00 – Aser Álvares González – Diretor de Arraianos Producións – apresentação de ”Galicia Rural” – projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego.
      • [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]
      • 19H00 – CORO FUSCALHEIRO, de A Guarda
      • [Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha]
    • DOMINGO 23 AGOSTO
      • 16H00 – Hora do conto e Workshop com a autora Liliana Geraldes
      • Apresentação e animação do livro “Clara e a Ilha de Plástico” de Liliana Geraldes
      • [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]
      • 17H00 – RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida [Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

    COLABORACIÓNS

    Ponteareas deportiva

    Los núcleos más importantes de población concentran el grueso de las pruebas deportivas que se celebran a lo largo del año. Es lógico, las infraestructuras para la práctica de deporte forman parte del paisaje de grandes urbes, mientras ciudades pequeñas y pueblos tienen limitado el acceso a gimnasios, pistas, pabellones y piscinas.

    Domingo Villar, «Algúns contos completos»

    Domingo Villar é un dos escritores galegos de maior sona grazas ás súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Pero o que agora nos presenta neste volume é unha faciana moi diferente daquela á que nos ten acostumados. Nesta entrega non hai crimes, nin intriga, nin tramas reviradas, nin atisbo algún de narración policial nin de literatura negra. Trátase dun proxecto moito máis persoal e cercano, un pequeno capricho feito á medida del e do seu círculo máis íntimo.

    ¡Galicia profunda!

    Hace unas semanas, Galicia saltó a la palestra por el dictamen de una jueza de Marbella que le retiró la custodia de un hijo a su madre por llevárselo a vivir a la "Galicia profunda". Tengo que reconocer que no he leído el auto y por lo tanto quiero pensar que una persona como una jueza, a la que se presupone cierto nivel cultural y un cierto grado de sentido común, que haya incluído esos términos en el mismo, ha sido un desliz. De ser un acto meditado demuestra el grado de ignorancia existente en éste país.

    Ana Cabaleiro, «Deixádenos remar»

    Descubrimos a Ana Cabaleiro cun libro de relatos tan interesante como «Sapos e sereas». Logo viría a novela «Las Ramonas» e agora chega cunha terceira proposta que, tal e como eu o vexo, navega entre ambos os dous mundos, o do relato curto e a novela tradicional, sen acabar de mergullarse en ningún deles. Claro que tal afirmación ben merece unha explicación detallada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    14 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    6 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    49 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    36 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS