Tag: caminha
Suspendido o servizo de ferry entre A Guarda e Camiña pola alta incidencia de casos por coronavirus en ámbalas dúas beiras do Miño
O alcalde de Caminha, Miguel Alves, fixo público a través dun comunicado, a determinación da Câmara Municipal de suspender o servizo do ferry entre Caminha e A Guarda dende hoxe mesmo e ata que se indique o contrario. Esta decisión tomouse tendo en conta o aumento do número de infectados no Municipio de Caminha así coma os casos existentes nos municipios do Rosal e Tomiño.
A Xunta participará nun exercicio de loita contra a contaminación mariña coordinado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
A Consellería do Mar participará activamente no desenvolvemento dun exercicio de loita contra a contaminación mariña que terá lugar a vindeira semana en Caminha froito da colaboración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e farano a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño-Intecmar e do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, implicados nos proxectos de investigación responsables desta acción coordinada (Radar on Raia, MyCoast e Meloa).
Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o ‘I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño’
A Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o que será a primeira edición do 'Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño', un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.
A Guarda acolle o «I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Río Minho»
Os días 17, 18 e 19 de outubro A Guarda e Caminha acollerán o «I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Minho» organizado polo proxecto Visit Rio Minho. Estas xornadas están especialmente orientadas a profesionais e persoal técnico do sector turístico e gastronómico do territorio
O goberno municipal de Caminha visita O Rosal
O Goberno da Câmara de Caminha, encabezado polo seu presidente, Miguel Alves, visitou no día de onte o Rosal onde foron recibidos polo goberno rosaleiro coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís ao fronte. Na xuntanza de traballo mantida polos dous gobernos locais, comezaron a establecerse os puntos en común "para vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Miño".
O Rosal e Caminha inician contactos para colaborar en programas lúdicos, culturais e deportivos
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, acompañada pola concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, mantiveron no día de hoxe unha reunión en Caminha co presidente da Câmara Municipal Miguel Alves, de cara a comezar "a tender pontes" entre ámbolos dous municipios de cara a conseguir traballar, de xeito colaborativo,...