23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas...

    A Guarda mellora a seguridade vial co repintado horizontal en varias rúas do municipio

    Dende fai uns días operarios da empresa adxudicataria encárganse da realización do repintado da sinalización horizontal en diferentes rúas e espazos do municipio

    O Concello da Guarda, dentro das accións encamiñadas a mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos, ven de adxudicar e iniciar os traballos de repintado da sinalización horizontal en determinadas rúas e cruces concretos da Guarda

    Neste senso se teñen repintado numerosos pasos de peóns do casco urbano, así coma novos paso de peóns na Pasaxe(Camposancos).

    Destaca a actuación feita na Rúa Baiona, onde se se cambiou o aparcamento lateral para favorecer o tránsito de vehículos de grandes dimensións coma camións ou autobuses.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.