12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA cultura urbana enche o porto da Guarda no 'V Galifornia Beat'

    A cultura urbana enche o porto da Guarda no ‘V Galifornia Beat’

    A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

    Este evento ven a demostrar que a práctica deportiva é un nexo de unión para moitas xeracións na Guarda e repercute favorablemente en hábitos saudables.

    O Skate Park Atalaia do Porto da Guarda congregou este ano concertos, exhibicións deportivas, grafitti, oferta gastronómica e moito máis, nunha superficie total de 30,000 metros cuadrados, baixo a organización da Asociación Cultural Galifornia Beat.

    O V Galifornia Beat arrancou o venres ás 14:00 h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00 h tivo lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos pola noite coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.

    Xa na xornada do sábado realizouse o aberto e Open SUB-14 e Basket e a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinou aos máis pequenos como iniciarse na práctica do skateboarding.

    Ao mediodía o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits foron os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú. Xa pola tarde tivo lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición espectacular de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli.

    Mais tarde tiña lugar o Open de Bowl e a entrega de premios, para rematar cos concertos dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS