18.5 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: cultura urbana

    O Porriño énchese da “Cultura Urbana on Tour”

    Os obradoiros “Cultura Urbana on Tour” farán escala no Porriño o vindeiro 19 de novembro. Trátase dunhas xornadas itinerantes organizadas pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) que empregan a cultura urbana como ferramenta para traballar diferentes temáticas de interese social.

    Mos ofrece á mocidade cinco días ininterrompidos de cultura urbana online

    O Concello de Mos poñerá en marcha, durante esta Semana Santa, un programa online de actividades de cultura urbana que baixo o título 'Semana da Cultura Urbana nas redes' estará cargada de contidos para aprender e practicar Hip Hop, break, graffiti, Turntablism, Skateboard, Roller Skate, BeatBox ou Rap.

    O Campito de Chapela, escenario da «Batalla de Galos»

    A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela, que xestiona Nacho González, celebrará este sábado 28 unha 'Batalla de Galos, un evento novedoso dirixido especialmente á mocidade, pero apto para todas as idades.

    A cultura urbana enche o porto da Guarda no ‘V Galifornia Beat’

    A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.