Luns, 7 Xullo de 2025

É Noticia

Pontevedra acada en xullo un 65 % de ocupación media nos establecementos hoteleiros

“Cando remate a temporada turística, Rías Baixas estará moi ben posicionada en Galicia e no conxunto do Estado” asegurou a presidenta da Deputación ao dar a coñecer os datos de ocupación do mes de xullo rexistrados polo Observatorio de Turismo Rías Baixas. En establecementos hoteleiros a ocupación media foi do 65 %, “un salto importantísimo con respecto a xullo do 2020, ao medrar 17 puntos, o que sitúa á provincia de Pontevedra como un destino moi potente e resiliente”, informou Carmela Silva.

A Xunta asegura que as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade xa están agotadas

A Xunta de Galicia informa que xa están agotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos. Os ocos esgotáronse a primeira hora da tarde, despois de que a elevada demanda obrigara a poñer en marcha un plan de continxencia co fin de aliviar o tráfico na rede, incluso antes das 9 da mañá.

A Deputación de Pontevedra licita a contratación do seu II Plan de Igualdade

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar, cun orzamento base de licitación de 65.403 €, o procedemento para licitar a contratación dunha empresa especializada en xestión de RRHH dende a perspectiva de xénero para definir e elaborar o documento definitivo do II Plan de Igualdade da institución no que se traballa para ser aprobado antes de que remate este ano 2021.

Areeiro lanza un aviso fitosanitario no que asegura que o pintado xa comezou nas viñas de toda a comarca

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que fai referencia ao mildio e pon de manifesto que na maioría das viñas de todas as comarcas o pintado ou ben xa está bastante avanzado ou ben está a iniciarse. Con todo, aínda non está xeralizado, polo que existe un mínimo risco de danos ás uvas nalgúns predios.

A Deputación promociona a música e tradición da provincia cunha edición especial de ‘Peixe’ de Xisco Feijóo que entragará como agasallo institucional

A Deputación de Pontevedra promoverá a música e o canto tradicional da provincia de Pontevedra coa entrega como regalo institucional dunha edición especial do disco Peixe, o primeiro traballo en solitario do cantante, bailador e coreógrafo Xisco Feijoó. A presidenta Carmela Silva e o artista presentaron no Pazo Provincial o agasallo musical, que ten un orixinal formato moi vencellado á provincia de Pontevedra.

Gonzalo Caballero presenta as liñas claves de futuro do socialismo galego, “galeguista, ecoloxista, feminista e de esquerdas”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou que a comisión executiva nacional do PSdeG abriu o proceso para iniciar a elaboración da ponencia de cara ao vindeiro Congreso Nacional Galego, que se celebrará antes de final de ano. Nunha comparecencia ante os medios de comunicación na mañá do sábado 7 de agosto, o líder socialista explicou que galeguismo e federalismo, ecoloxismo, feminismo e compromiso de esquerdas serán as grandes liñas do PSdeG para “fortalecer e impulsar unha reactivación que priorice e chegue ás persoas”.

A mocidade poderá acceder ao sistema de autocita a través do seu DNI ou da tarxeta sanitaria

O sistema de autocita que abrirá de novo dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8 terá dúas posibilidades de acceso: a través da introdución do número da tarxeta sanitaria ou, en caso de persoas que non sexan usuarias da asistencia sanitaria do Sergas, a través do seu número de DNI.

A Cátedra de Feminismos 4.0 fai achegas de investigación a nove proxectos universitarios

Xa se coñecen os proxectos universitarios de investigación que veñen de ser beneficiados cos 30.000 € da convocatoria de axudas da Cátedra de Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo deste ano 2021.

A Xunta de Galicia terá un Comité clínico de cirurxía robótica

A Xunta de Galicia contará cun Comité clínico de cirurxía robótica para a normalización, coordinación e seguimento da utilización dos robots cirúrxicos Da Vinci.

Continúa a exposición ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ no Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra abriu onte as portas da exposición que completa a súa programación deste verán e que aspira a ser un dos grandes reclamos culturais de Galiza nesta tempada estival: ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’.

A Xunta inicia as obras de renovación integral do firme na estrada autonómica PO-552

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou hoxe as obras de renovación integral do firme na estrada PO-552, que suporá un investimento de 1,8 millóns de euros.

Esgotadas as prazas dos “Bosques terapéuticos” para agosto

Mergullarse na natureza da provincia segue a ser unha das opcións de ocio e turismo máis demandadas. Tantas son as ganas de todas e todos por sentir as fragas de Pontevedra provincia que o programa da Deputación “Bosques terapéuticos” xa ten esgotadas as 195 prazas que ofrecía no mes de agosto.