A Deputación de Pontevedra vén de lanzar, a través do programa SmartPeme TurisTIC, a cuarta edición da aceleradora de empresas turísticas da provincia. Un total de seis proxectos empresariais beneficiaranse nesta nova quenda do programa.
A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, instou hoxe a Xunta a incrementar os orzamentos para paliar a crise na que está inmerso o sector turístico galego. “Esa é a única forma de salvar o turismo en Galicia”, proclamou a deputada socialista durante a comparecencia no Parlamento da directora da Axencia de Turismo de Galicia.
O modelo transformador da Deputación de Pontevedra, que pasa pola recuperación do espazo público para as persoas como un dos motores para o impulso económico, a cohesión social e a igualdade no ámbito dunha recuperación económica xusta, ocupou a primeira das mesas de alto nivel do I Foro Urbano de España e III Foro Global de Gobernos Locais, que se está a celebrar en Sevilla e que hoxe inaugurou o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez
A Deputación de Pontevedra achegará 40.000 € á Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEFOGA, para a realización dun programa formativo sobre a xestión e boas prácticas nos apiarios para o impulso da produción de mel ecolóxico.
Os seis cachorros que a pasada semana foran arroxados nun colector en Sanxenxo recupéranse coa súa nai no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra.
Os alumnos que realizaran Traballos Fin de Grao ou Fin de Máster que integren a perspectiva de xénero teñen ata o 15 de outubro para presentarse á sexta edición dos Premios Sofía Novoa.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
O Servizo Galego de Saúde habilitou a dispoñibilidade de indicar produtos sanitarios e algúns medicamentos por parte do seu persoal de enfermaría do Sergas, a través da receita electrónica integrada na historia clínica de cada paciente.
O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre cunha programación organizada para poñer de relevo a importancia cultural, artística e turística da arte prehistórica de toda a xeografía europea e que conta con numerosos exemplos no caso galego.
Máis de 60 persoas ás que se lle suman outras 30 que contactaron directamente coa asociación, acudiron no día de onte á xuntanza convocada por Unión de Consumidores de Galicia no Edificio Cersia en Santiago de Compostela.
“As nenas e nenos son un sensible indicador ambiental, se desaparecen das rúas significa que a cidade está enferma”. Así o asegurou hoxe o pedagogo italiano Francesco Tonucci na súa participación no seminario ‘O hábitat xogable’ da Facultade Ágora da Deputación.
O obxectivo é iniciar a rehabilitación dos edificios centrais do Museo a mediados de 2022. Esa é a intención que hoxe anunciou o vicepresidente da Deputación e responsable político do Museo, César Mosquera.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.