Domingo, 4 Maio de 2025

É Noticia

Máis de catrocentas mulleres comezan, este mércores, 22 accións de ‘Conectadas’

O programa da Deputación de Pontevedra 'Conectadas 2019' continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este mércores, 405 mulleres pertencentes a asociacións de 18 concellos pontevedreses comezan 22 cursos.

Corenta persoas participaron nos cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación

As mulleres foron maioría nos cursos que terminan e que agora se examinarán da proba DELE A2, requisito fundamental para obter a nacionalidade española.

Os obstáculos legais en materia de mobilidade na fronteira do Miño, a análise

O AECT Rio Minho ten programado dende hoxe e ata o vindeiro venres máis dunha decena de visitas e encontros con axentes públicos e privados do territorio transfronteirizo para analizar os principais atrancos legais da mobilidade na fronteira galego portuguesa.

A Deputación destina 300.000 euros á mellora das instalacións do CAAN

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do contrato para a posta en marcha de actuacións de mellora no Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros.

Preto de 133.000 euros da Deputación para a xestión de lixo tecnolóxico en Ponteareas, A Guarda, Nigrán e Gondomar

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 133.000 euros na adaptación dos puntos limpos de Ponteareas, A Guarda, Gondomar e Nigrán, co obxectivo de acondicionalos de cara á recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE). Unha iniciativa que permitirá o cumprimento da normativa europea e española, vixente dende o ano 2015, para o tratamento do 'lixo tecnolóxico'.

A Deputación adxudica 51 novas bolsas para prácticas de FP en empresas e institucións europeas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a adxudicación por parte da Xunta de Goberno das novas bolsas de mobilidade para o alumnado de FP participante no proxecto 'Practicum Depo 2018'. Trátase da sexta mobilidade e, como subliñou Silva, a penúltima desta iniciativa bianual, que deu comezo coa primeira saída de alumnado no 2018 e rematará o 31 de maio de 2020 coa chegada do sétimo grupo.

A Deputación abre o luns a inscrición para a DepoAndaina de Cangas e Cíes

A Deputación de Pontevedra abrirá este luns 2 de setembro o prazo de inscrición para que as persoas interesadas podan apuntarse á DepoAndaina por Cangas e as Illas Cíes, a quinta das rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo, que se celebrará o 29 de setembro.

A Deputación homenaxea á triunfadora e triunfadores do mundial de piragüismo

A Deputación de Pontevedra sumouse este venres á merecida homenaxe do concello de Cangas a Teresa Portela, Rodrigo Germade, Pablo Graña e David Barreiro, catro grandes do piragüismo, de orixe cangués, que veñen de completar unha gran actuación no Mundial celebrado en Szeged, Hungría. Na vila do Morrazo estivo presente o deputado de Deportes, Gorka Gómez, que subliñou "o excelente momento do deporte pontevedrés".

Arranca ‘Conectadas 2019’ para promover a participación e empoderamento das mulleres da provincia

O programa 'Conectadas 2019' arranca esta fin de semana para promover a participación e empoderamento de 4.000 mulleres de 53 concellos da provincia mediante a formación. Máis polo miúdo o pistoletazo de saída terá lugar este venres na Lama ás 16:00 horas e continuará o sábado en Pontevedra e o domingo en Vigo. En total, participarán nestas tres primeiras accións formativas preto de 60 mulleres.

Trescentas persoas participarán este próximo domingo na DepoAndaina por Salvaterra

A cuarta das sete DepoAndainas programadas este ano pola Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo 1 de setembro, esgotou xa as 300 prazas postas a disposición de todas as persoas da provincia pola institución provincial. A maiores, o Concello de Salvaterra poderá ofertar outras 50 prazas adicionais.

Os montes de Meis acolleron a apertura da terceira edición das ‘DepoRutas BTT’

Un día despois da exitosa estrea da terceira edición das 'DepoRutas BTT', a Deputación de Pontevedra abriu esta mañá o prazo de inscrición para a segunda cita do ano, que terá lugar en Silleda o vindeiro 15 de setembro. O concello de Meis recibiu este domingo a máis de 200 amantes do ciclismo BTT que gozaron do circuíto de 41,29 quilómetros, cunha proba realmente esixente.

Areeiro destaca que o bo tempo acelerou a maduración da uva albariña

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o último aviso fitosanitario semanal da actual campaña, debido á proximidade da vendima e da colleita doutras froitas, no que informa de as boas temperaturas desta semana facilitaron o aceleramento da maduración da uva albariña nas parcelas de seguimento habituais (practicamente todas as uvas están xa brillantes), constatado no laboratorio da entidade.