'Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero'. A nova e ambiciosa campaña da Deputación para as vindeiras festas busca, como sinalou hoxe a presidenta Carmela Silva, “romper o muro dos prexuízos” para fomentar que as novas xeracións crezan xogando felices e se desenvolvan “de forma igualitaria, inclusiva e respectuosa da diversidade, e ademais de forma non violenta”.
A localidade portuguesa de Melgaço acollerá, este venres 6 de decembro, a inauguración do monumento en homenaxe ó político galego Xosé Velo Mosquera e ao propio pobo da vila portuguesa "por servir de acubillo ós galegos fuxidos durante a Guerra Civil e a posterior barbarie franquista". A peza, un monólito de granito silvestre de 178 centímetros de alto por 126 de largo e 56 de fondo, foi elaborada polo alumnado da Escola de Cantería e xurdiu dun convenio entre a Fundación Lois Peña Novo e a Deputación de Pontevedra.
Implicar a un grupo de mulleres internas no Centro Penitenciario da Lama dende a acción artística para promover unha actitude crítica fronte á desigualdade, foi o obxectivo fundamental da elaboración do graffiti presentado este mércores no penal pontevedrés, ó abeiro da campaña institucional da Deputación de Pontevedra con motivo do 25 de novembro 'Sementando pola Igualdade'.
Seis anos despois, a historia de “Bertín”, o avó do CAAN, por fin ten un final feliz. Este mestizo desfruta xa no seu novo fogar en Cerdedo-Cotobade, onde foi trasladado esta mesma tarde polo persoal do centro despois de pasar os seus primeiros seis anos de vida nas instalacións da Armenteira.
A colaboración constante entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño foi hoxe posta como exemplo de entendemento institucional pola presidenta, Carmela Silva. Fíxoo durante unha xuntanza que esta mañá mantivo coa alcaldesa, Sandra González, e na que ambas repasaron as actuacións desenvolvidas neste municipio durante o pasado mandato 2015-2019 e as que xa están en marcha. Un apoio da Deputación a Tomiño que totaliza 10,2 millóns de euros.
Coa publicación das bases na páxina web da Academia Galega do Audiovisual, –que se poden consultar nesta ligazón–, ábriuse o prazo de presentación de traballos para os 'Premios María Luz Morales' de Ensaio sobre audiovisual, certame que busca recoñecer a figura da escritora e xornalista María Luz Morales Godoy e promover a investigación científica no ámbito audiovisual e que, nesta edición, terán como sede a Deputación de Pontevedra.
Un total de 137 persoas finalizan esta semana oito obradoiros enmarcados no programa 'Depo en Marcha 2019', organizado pola Deputación de Pontevedra para promover o avellentamento activo nos concellos da provincia. Estes talleres desenvolvéronse en cinco municipios: Redondela, Mos, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
O Catálogo 'Mulleres do Silencio', editado pola Deputación de Pontevedra, coa iniciativa da comisaria Rosario Sarmiento e impreso por Tórculo Comunicación, acaba de ser galardoado co Premio 'Paraugas' polo Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia ao mellor libro.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar unha serie de recomendacións para que agricultores, viticultores e cultivadores poidan ter en conta despois deste último mes de choivas e cando as previsións meteorólóxicas anuncian tempo seco para a vindeira semana.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu onte, xunto ás deputadas e aos deputados provinciais a gala dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude, presentada pola escritora galega Silvia Pena. No acto, que encheu de mocidade o Salón de Plenos do Pazo provincial, Silva, vestida cun modelo de Miriam Cartagena, alumna de ESDEMGA, como xesto á nova categoría de moda e deseño dos premios, quixo deixar patente o seu optimismo polos proxectos galardonados.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou hoxe a súa “indignación e enorme enfado cos negacionistas da violencia de xénero” no acto de arranque da quinta edición do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero', ao fío do '25N, Día Internacional contra as Violencias Machistas'.
Un total de 94 persoas finalizan catro cursos formativos do programa da Deputación de Pontevedra 'Tecendo Lazos 2019', cuxo principal obxectivo é crear espazos onde as persoas dunha mesma familia e doutras poidan xuntarse e intercambiar experiencias arredor das temáticas de cada obradoiro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.